Os alumnos do CEIP Portofaro simulan unhas eleccións e votan para elixir aos seus representantes

19 Mar 2025

O alumnado de 5º de primaria do CEIP Portofaro celebrou, esta semana, unha simulación de eleccións con todo luxo de detalles. Foron nove as formacións políticas que concorreron aos comicios e que expuxeron, fronte á alcaldesa de Cambre, María Pan, e ao resto de compañeiros de clase, os seus programas electorais. Tras pronunciar os discursos de peche de campaña, levouse a cabo a votación, na que o Partido Popular Estudantil de Portofaro (PPEP) resultou gañador con 11 votos.

Durante o desenvolvemento da actividade, a rexedora explicoulles como eran unhas eleccións municipais: sistema, reconto e tipoloxía dos votos. Así mesmo, Pan Lesta aproveitou a ocasión para indicarlles tamén como funcionaban os plenos municipais. A primeira edil felicitou a todos os mozos e mozas polo traballo realizado, en especial ao partido gañador destes comicios, representado pola alumna Ana Sofía Machado Abreu.

A formación PPEP conseguiu un maior apoio tras expor un programa no que adquiría os seguintes compromisos: a realización, unha vez ao mes, dunha actividade ao aire libre para trasladar a aula ao exterior; a organización de certames de pronuncia, gramática, oratoria e matemáticas para repasar os contidos impartidos na aula e, ademais, aprender outros idiomas e a celebración mensual dun día saudable, unha xornada para inculcar hábitos de alimentación saudable entre o alumnado.

Outras propostas

O resto das formacións expuxeron tamén as súas propostas para mellorar o centro educativo: o cambio na comida do comedor, a organización de máis actividades de lecer como yincanas, o reforzo da seguridade na entrada do colexio ou o arranxo e suma de máis servizos no CEIP foron algunhas das medidas máis recorrentes.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.