Os devotos do Rock in Cambre xa poden facerse coa camiseta da XXXI edición

3 Ago 2023

As camisetas do Rock in Cambre convertéronse nun auténtico obxecto de colección. Despois de tres décadas, son moitos os veciños e veciñas que conservan o deseño de cada ano. Desde hoxe, os devotos do festival terán ocasión de conseguir a da trinta e unha edición. As persoas interesadas poderán compralas no Museo Arqueolóxico de Cambre ou, se o prefiren, o propio sábado, 5 de agosto, durante os concertos.

A venda estará dispoñible no Museo Arqueolóxico hoxe, xoves 3 de agosto, de 18.00 a 20.00 horas. O venres, 4 de agosto, o horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. Por último, o sábado atenderase de 11.00 a 14.00 horas no Museo e, ademais, haberá unha caseta no propio Rock in Cambre (dispoñible de 19.00 a 1.00 horas).

Tendo en conta a demanda doutras edicións, confeccionáronse modelos para nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. No caso dos adultos, as tallas irán desde a S ata a XXXL. O prezo será de 5 euros.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.