Os mozos poderán despedir setembro coas próximas actividades da OMIX: taller de pizza o tarde de ajedrez

25 Set 2023

Cambre despedirá setembro coa celebración de dúas actividades dirixidas a mozas de entre 12 e 30 anos. A través do programa Por fin é venres! da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Cambre), os mozos e mozas poderán gozar dun taller de elaboración de pizzas e dunha tarde de xadrez.

Por unha banda, Casa Arrigada acollerá este venres, 29 de setembro, de 18.00 a 20.00 horas un taller de elaboración de pizza. Nel, as persoas participantes aprenderán a cociñar esta delicia italiana en tixola. Polo outro, Casa das Palmeiras será o lugar no que se celebrará a tarde de xadrez (venres, 29 de setembro, tamén de 18.00 a 20.00 horas).

O prazo de inscrición para ambas as actividades xa está aberto. As persoas interesadas poderán anotarse a través do formulario web.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.