Os nenos e nenas de Cambre prepáranse para recibir a visita dos Reis Magos

3 Xan 2025

Os nenos e nenas de Cambre prepáranse para recibir este domingo, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos. Pola mañá realizarán o tradicional percorrido matinal polas parroquias do rural, mentres que pola tarde terá lugar a clásica cabalgata por O Temple, A Barcala e Cambre.

O circuíto matinal empezará ás 9:00 horas desde o Castro do Bosque. Desde este punto as súas Maxestades de Oriente comezarán un percorrido con parada nalgúns puntos de referencia de cada zona.

Xa pola tarde levarase a cabo a cabalgata, que percorrerá tanto O Temple como A Barcala e Cambre.

A saída en O Temple está prevista para as 17:00 horas desde o CEIP Portofaro. O último punto do itinerario será a rúa Eduardo Pondal, desde onde os Reis irán ao pavillón O Graxal para ser recibidos polos máis pequenos e pequenas.

A partir das 19:00 horas iniciarán o segundo percorrido, esta vez para visitar algunhas rúas da Barcala antes de dirixirse a Cambre. A chegada a este punto está prevista ás 19:45 horas aproximadamente. A recepción será no pavillón Sofía Toro.

Todos os horarios son aproximados, xa que causas alleas á propia organización poden ocasionar retrasos puntuais.

En caso de que as condicións meteorolóxicas adversas impidan a saída da cabalgata, realizaranse as recepcións reais no pavillón do Graxal, de 17:00 a 19:00 horas, e no Sofía Toro, de 18:00 a 20:00 horas.

En ambas recepcións os nenos e nenas poderán formular os seus desexos aos monarcas e, ademais, recibirán un boleto para participar nun sorteo. Rifaranse dúas bicicletas e dous patinetes entre as dúas recepcións. Os gañadores anunciaranse a través das redes sociais municipais.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.