Os servizos de seguridade e emerxencias controlan un incendio orixinado nun taller mecánico da rúa Polígono

9 Out 2024

A cooperación e a rápida actuación dos corpos e forzas de seguridade e emerxencias foi clave para controlar un incendio orixinado nun taller mecánico da rúa Polígono (O Temple). O lume produciuse ao redor das 10.30 horas, e na intervención tomaron parte a Policía Local de Cambre, o Servizo Municipal de Emerxencias, a Garda Civil, efectivos dos parques comarcais de Bombeiros de Arteixo e Betanzos e dos Bombeiros da Coruña.

Despois de varias horas, os servizos de seguridade e emerxencias lograron controlar o lume. Con todo, continúase traballando na zona e, de feito, nestes momentos están a realizarse os labores de arrefriado da nave. No incidente non houbo danos persoais e, inicialmente, só producíronse danos na nave na que se orixinou o lume.

A alcaldesa, María Pan, e o concelleiro de Economía, Facenda, Innovación Tecnolóxica e Seguridade Cidadá, Daniel Mallo, presentes no operativo, agradeceron o excelente traballo realizado “por estes efectivos, sobre todo pola dilixencia e a rapidez coa que interviñeron” e que cualificaron de “crucial para controlar a situación o máis rápido posible”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.