Os Soños na Gaiola, Vos Soños na Gaiola, a cita que reunirá a 300 músicos da Escola Sementeira e dos colexios de Cambre

10 Mai 2023

Reunir a uns 300 músicos da Escola de Música Sementeira e dos colexios de Cambre pode parecer un reto. Con todo, isto será, precisamente, o que farán desde Sementeira o próximo 20 de maio. Ese día, a pista polideportiva O Souto (Sigrás) acollerá Os Soños na Gaiola, un evento no que se darán cita alumnos e alumnas de entre 3 e 12 anos dos colexios Wenceslao Fernández Flórez, Torrente Ballester, Portofaro, Graxal e da propia Escola de Música Sementeira. A actividade está organizada por Sementeira en colaboración cos centros de ensino e o Concello. O proxecto materializarase esa xornada, pero a preparación para que todo salga segundo o previsto supuxo un “traballo de meses”, tal e como recoñece o director da Banda de Música Sementeira, Jesús Sánchez Montero: “sen a implicación e o traballo dos mestres e da dirección da Escola Sementeira, do Concello e do equipo docente dos centros de ensinanza este proxecto non sería posible”. Na cita participarán as bandas xuvenil e titular de Sementeira. A maiores, os estudantes tomarán parte no coro e tocando instrumentos orff (fundamentalmente, percusión) con poemas de Manuel María e musicados polo compositor, Antón Alcalde. Sánchez Montero explica que o obxectivo da actividade “era contar con representación de todo o municipio e, por iso, contactamos cos colexios, que amosaron un enorme interese desde o primeiro momento”. Este venres, 12 de maio, está prevista a realización dun ensaio con todos os alumnos e alumnas que actuarán en Os Soños na Gaiola. Antes desta data, o director foi recibindo vídeos das prácticas dos pequenos músicos e músicas, “que teñen un nivel moi alto”. O director anima a todos os veciños e veciñas a gozar do evento “non que os músicos e músicas serán os verdadeiros protagonistas, demostrando o seu enorme talento musical e a súa capacidade”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.