Os veciños de Cambre xa poden presentar as súas propostas de investimento ao VII Decidámolo Xuntos

26 Set 2022

Esta primeira fase estará aberta desde hoxe, luns 26 de setembro, ata o 18 de outubro.

Unha vez superadas todas as fases, as iniciativas que resulten gañadoras incorporaríanse aos orzamentos de 2023 do Concello.

O Concello aspira a involucrar aos veciños e veciñas na confección dos orzamentos de 2023. Farao co lanzamento do VII Decidámolo Xuntos, un proceso participativo co que a cidadanía poderá realizar as súas propostas de investimento. Esta primeira fase estará aberta desde hoxe, luns 26 de setembro, ata o 18 de outubro. Desde o equipo de goberno animan aos veciños e veciñas a sumarse a esta iniciativa, “que xa está asentada como unha das principais vías de participación cidadá en Cambre”.

Os veciños e veciñas dispoñen de varias vías para participar no proceso. Poderán facelo a través da web www.decidamoloxuntos.cambre.es ou cumprimentando o formulario correspondente e entregándoo por algunha das seguintes vías: depositándoo nos buzóns localizadas nos locais sociais das parroquias, en calquera dos tres rexistros municipais ou enviándoo ao correo decidamoloxuntos@cambre.org.

Tal e como recolle o manual deste programa, as propostas veciñais deben ser de investimento e de competencia municipal. Unha vez pechada esta primeira fase, os servizos técnicos municipais analizarán todas as achegas. En caso de obter a puntuación requirida, estas pasarían á fase de votación, na que os veciños e veciñas volverán ter un papel protagonista. Neste caso, poderán puntuar tres das súas iniciativas favoritas con entre 1 e 3 puntos. As que resulten gañadoras incluiranse no documento económico do Concello para o 2023. Unha vez incorporadas nos orzamentos, e tendo en conta os prazos de redacción, a solicitude de permisos ás administracións correspondentes e os períodos de contratación, o Concello poderá executar os proxectos nun prazo de dous anos naturais tal e como recolle o manual.

Última edición

A edición de 2021 pechouse alcanzando as mellores cifras da súa historia. Desta forma, o Decidámolo Xuntos creceu tanto en número de propostas recibidas como en cantidade de propoñentes e cifras de participación. Por unha banda, solicitáronse 644 iniciativas veciñais, un 53% que no exercicio anterior. Esta tendencia á alza rexistrouse tamén na cantidade de persoas participantes: pasouse de 178 participantes en 2020 aos 322 de 2021, o que supuxo un aumento do 180%.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.