Os veciños de Cambre xa poden votar polo seu escaparate de Nadal favorito

22 Dec 2023

Os veciños e veciñas de Cambre poderán votar polo seu escaparate de Nadal favorito ata o luns, 25 de decembro (ás 23.59 horas). O negocio que consiga un maior apoio veciñal conseguirá o premio popular do XV Concurso de Escaparates de Nadal de Cambre, valorado en 1.000 euros. Para participar, os usuarios e usuarias deberán acceder á páxina web do Concurso de Escaparates de Nadal e rexistrarse. Cada persoa poderá emitir un único voto.

Este non será o único galardón do certame de Nadal. Ao premio popular hai que sumar, asimismo, os que se concederán tras a deliberación do xurado profesional:

  • Primer premio: 1.000 euros
  • Segundo premio: 700 euros
  • Terceiro premio: 500 euros
  • Accésit á sostibilidade: 400 euros
  • Accésit á adecuación do produto: 400 euros

O xurado concederá estes recoñecementos atendendo aos seguintes criterios: creatividade, orixinalidade, innovación da decoración; orientación comercial da decoración, uso do produto e dificultade; iluminación do establecemento ou impacto visual e composición adecuada distribución.

O edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, indica que, un ano máis, o certame municipal “conseguiu unhas boas cifras de participación, contando con preto de 40 locais inscritos”. El concejal apunta que el objetivo de esta propuesta “é impulsar o consumo nestas datas tan sinaladas” y anima a todos los vecinos y vecinas “a emitir os seus votos para dar apoio ao tecido comercial e hostaleiro”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.