Os veciños poderán votar desde mañá por algunha das 11 propostas finalistas do Decidámolo Xuntos

28 Out 2022

A sétima edición do Decidámolo Xuntos avanza co inicio dunha nova fase, a de votación. Os veciños e veciñas volverán ter un papel protagonista nesta etapa do proceso participativo. Tanto é así, que desde mañá, sábado 29 de outubro, e ata o próximo 7 de novembro, poderán recorrer á páxina web decidamoloxuntos.cambre.es para elixir as súas tres propostas favoritas de entre as 11 finalistas. A listaxe foi confeccionada polos técnicos municipais, que estudaron todas as proposicións realizadas durante a fase de presentación. Na relación final aparecen reflectidas aquelas ideas que obtiveron unha maior puntuación tendo en conta os criterios fixados no manual de valoración.

O alcalde, Óscar García Patiño, subliña o compromiso do goberno local por seguir apostando por este tipo de medidas, “que nos permiten coñecer as demandas e necesidades da veciñanza. A participación e a escoita activa continuarán sendo unha das nosas liñas de traballo”.

As 11 propostas que pasan á fase de votación son as seguintes:

  1. Investimento para plantar árbores en Curros Enríquez: instalación de máis arbolado e de novos xardíns con céspede e flores para conseguir máis zonas de sombra.
  2. Acondicionamento no local social de Brexo-Lema: realización de traballos para que o espazo poida servir de almacén para as asociacións con domicilio social neste local.
  3. Parque no Monte dos Veciños: converter o Monte dos Veciños nunha zona de recreo para o municipio, equipándoa con mobiliario acorde á contorna.
  4. Zona verde no castro: solicítase que o castro de Cambre se manteña durante todo o ano como zona de recreo, arranxando o acceso mediante a construción dunha rampla de madeira que permita o acceso peonil e manténdoa como unha zona verde coidada.
  5. Humanización da contorna da igrexa de Cela: actuación para humanizar a contorna, creando zonas axardinadas, reparando o firme e substituíndo o peche, e eliminando o poste localizado na zona central.
  6. Habilitar o baixo cuberta do local social de Meixigo: acondicionar a zona de baixo cuberta da Casa do Pobo, facer a instalación eléctrica e deixalo apto para o seu uso como almacén.
  7. Impulsar unha zona de recreo e esparexemento no Souto.
  8. Elevación de pasos de peóns na rúa Otero Pedraio.
  9. Instalación de sumidoiros no camiño 333 de Anceis.
  10. Renovación das xanelas e colocación de persianas no local social de Bribes.
  11. Instalación de mesas de tenis de aceiro na rúa peonil situada detrás do centro de saúde e da escola infantil do Temple.

Para emitir os seus votos, os cambreses e cambresas deberán escoller as súas 3 propostas favoritas, outorgando as puntuacións de 3, 2 e 1 punto en función da prioridade que lle concedan a cada proposta. O período de votación estará aberto ata o próximo 7 de novembro. Para efectuar o seu voto, os veciños dispoñerán da web https://decidamoloxuntos.cambre.es/.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.