Os votos dos veciños serán decisivos para entregar 17 premios na IV Gala do Deporte de Cambre

10 Nov 2022

Os veciños e veciñas terán un papel decisivo na IV Gala do Deporte. Tanto é así, que a través dos seus votos, poderán outorgar ata 17 dos 21 premios do evento. Trátase dunha novidade que o goberno local incorpora para darlle á cidadanía unha maior participación e protagonismo na cita. O alcalde, Óscar García Patiño, e o concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, presentaron, esta mañá, a cuarta edición do evento, que terá lugar o 25 de novembro na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF) de Oleiros.

Durante a súa intervención, o rexedor explicou que o evento buscará poñer en valor o traballo dos clubs, equipos e entidades de Cambre, “que é crucial para continuar coa nosa aposta pola promoción do deporte”. Mallo incidiu en que a gala permitirá agradecer “ás entidades o esforzo que realizaron na pandemia, na que o seu traballo foi importante para devolver á poboación os hábitos de vida saudables e o contacto social”.

Desde o departamento de Deportes contactouse cos preto de 40 clubs e entidades que realizan a súa actividade no municipio para que propuxesen os seus candidatos nalgunha das seguintes categorías:

· Mellor deportista cambresa, categoría base (nadas entre os anos 2006-2014) deporte individual.

· Mellor deportista cambresa, categoría base (nadas entre os anos 2006-2014) deporte colectivo.

· Mellor deportista cambrés, categoría base (nacidos entre os anos 2006-2014) deporte individual.

· Mellor deportista cambrés, categoría basee (nados entre os anos 2006-2014) deporte colectivo.

· Mellor deportista cambresa, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte individual.

· Mellor deportista cambresa, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte colectivo.

· Mellor deportista cambrés, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte individual.

· Mellor deportista cambrés, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte colectivo.

· Mellor equipo cambrés feminino.

· Mellor equipo cambrés masculino.

· Deportista cambresa máis querida.

· Deportista cambrés máis querido.

· Mellor promesa cambresa.

· Mellor promesa cambrés.

· Mellor entidade deportiva.

· Mellor adestrador/a.

· Mellor deportista con diversidade funcional.

En cada categoría recolleranse as propostas formuladas polos clubs. En canto á votación, esta estará dispoñible a través da páxina web municipal (www.cambre.es/iv-gala-do-deporte) ata o 18 de novembro. As persoas poderán votar por un dos nomeados de cada modalidade.

A maiores destes recoñecementos, o Concello entregará os seguintes galardóns: mellor deportista feminina, mellor deportista masculino, tres premios para a distinción “Deporte a toda a vida Bernardo Bish” e á mellor campaña socio-deportiva. Neste caso, haberá un xurado encargado de conceder estes recoñecementos.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.