Plan Municipal de formación

Dende o ano 2000 o Concello de Cambre ven desenvolvendo o Plan Municipal de Formación, co obxectivo de mellorar a cualificación das persoas desempregadas do municipio e favorecer a súa inserción  no mercado de traballo. É dicir, mellorar as competencias profesionais e o nivel de ocupabilidade dos demandantes de emprego do municipio para ser máis competitivos no mercado laboral. 

Esta formación é complementaria á oferta formativa existente procedente da administración competente, a Xunta de Galicia, ou outras administracións públicas e pretende dar resposta ás necesidades de cualificación profesional que require en cada momento o mercado laboral e que non están cubertas ou son insuficientes.

Programación actual

CAMBRE DIXITAL-Emprego é unha programación que forma parte do Plan Municipal de Formación, que está enfocada a mellorar os coñecementos dixitais das persoas en situación de desemprego e contribuír á mellora da súa inserción laboral.

CURSO MODALIDADE  HORAS DÍAS HORARIO PRAZAS EDICIÓNS DATAS
INFORMÁTICA NIVEL BÁSICO Presencial 32 8 9:30-13:30 8 4 7-16 xullo
2-11 ago
18-27 ago
13-22 oct

REALIZACIÓN TRÁMITES INTERNET:

Certificado dixital e Admon. electrónica

Presencial 16 4 9:30-13:30 8 1 29, 30 xullo e 12, 13 agosto

REALIZACIÓN TRÁMITES INTERNET:

Certificado dixital e Admon. electrónica

On Line 16 4 16:30 -20:30 25 1 16, 17, 27 e 28 setembro
OFIMÁTICA Presencial 32 8 9:30-13:30 8 4

19-28 xullo
6-15 set
29 set-8 oct
25 oct-3 nov

BUSCA DE EMPREGO CO TEU DISPOSITIVO MÓBIL Presencial 12 3 9:30-13:30 20 1 1-3 setembro
BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS E INTERNET On line 20 5 9:30-13:30 25 1 20-24 setemb
SEGURIDADE EN INTERNET On Line 15 5 17:00- 20:00 25 1 7-11 novemb
TOTAL   143     119 13  

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.