Finde Xuvenil

Dende  2001. 

O Finde xuvenil é un espazo de participación dirixido á mocidade. Resulta un punto de encontro anual entre o concello e a poboación xuvenil, cunha finalidade moi clara por parte do concello: escoitar. 

En calquera das nosas actividades faise unha avaliación para coñecer a opinión das persoas participantes, pero ademais, unha vez ao ano, o departamento de Xuventude ofrece a posibilidade de que calquera mozo/a do municipio manifeste a súa opinión sobre a oferta de programas e actividades do ano en curso e de que poida facer propostas para o ano seguinte. Ademáis de tratar cos técnicos do departamento tamén teñen a oportunidade de falar directamente, sen intermediarios, co concelleiro responsable de Xuventude e/ou co alcalde. 

O Finde xuvenil é un evento de entre 1 e 3 días, que se celebra en fin de semana, onde ademais dos momentos de debate e dinámicas de participación, hai varias actividades de animación e de lecer que buscan, fundamentalmente, crear un clima agradable, un ambiente propicio para a participación 

O finde se celebra no último trimestre do ano, normalmente no mes de outubro, para así poder recoller as impresións dos participantes nas actividades celebradas ata ese momento e escoltar as súas suxestións para o ano que ven, dado que o concello está nese momento cos preparativos do orzamento para o seguinte ejercicio. 

O Finde englobase nun programa denominado TDI (Todos Deben Involucrarse), que nace no ano 2000 e que ten por finalidade xuntar aos colectivos xuvenís e á mocidade en xeral para darlle xeito ás súas ideas e proxectos involucrandoos no desenvolvemento delas e así convertilos en participes imprescindibles das súas propias propostas.