Programa de actividades extraescolares

Ademáis de xestionar as competencias municipais de mantemento dos centros o Concello leva a cabo, dende hai anos, diversos programas educativos entre o que se encontra o de actividades extraescolares nas instalacións municipais.

Para a elaboración deste programa o Concello ten en conta o programa de actividades extraescolares levado a cabo polas ANPAs coordinando a oferta coa das ANPAs.

– ¿Qué é?
É un programa de actividades culturais e deportivas de carácter formativo complementarias á educación regrada que se realizan nas instalacións municipais logo do horario escolar. Realízanse de outubro a maio de cada curso escolar e está ofertado a todos os/as escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, empadroados ou non no Concello de Cambre.
– ¿Quen pode solicitalo?
Pais, nais ou titores/as dos/das escolares de idades comprendidas entre os 3 e 18 anos.
Se hai prazas baleiras poden asistir escolares doutros municipios.
– Prazo de presentación de solicitude:
No mes de setembro ábrese o prazo de inscrición e se a actividade dispón de prazas baleiras pódese inscribir durante todo o curso.
– Máis información:
– En relación coa actividade:
As actividades comezan aproximadamente a principios de outubro, sempre que os grupos estean compretos.
– En relación coa inscrición:
A presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.

Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:
– ou pola páxina web municipal.
– ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28
– Tarifas:
A cota e beneficios fiscais son os establecidos no acordo regulador vixente.