Programa de mantemento dos centros educativos

Unha das obrigas que o Concello de Cambre ten coa comunidade educativa é o mantemento dos seus centros educativos e son as seguintes:

1.- Mantemento:
– Mantemento de instalacións como: das calefaccións, da electricidade, dos elevadores, da fontanería..
– Mantemento dos edificios: por exemplo, reposición tras roturas de cristais, de persiás, pomos de portas, limpeza de arquetas, pintura de estancias, arranxo de pechaduras…
– Limpeza diaria e extraordinaria tanto do interior do edificio como dos patios. Levar ao punto limpo o mobiliario e novas tecnoloxías que xa non serven.
– Mantemento dos xardíns.
– Desratización e desparasitación dos centros.

2.- Obras:
– Pequenas obras de mantemento.
– As grandes obras consideradas inversión non son competencia do Concello, aínda que as veces, fanse igualmente tras acordos coa administración educativa.
Outras competencias relacionadas:
– Cesión de terreos para a construcción de centros escolares non universitarios.
– Vixianza: como por exemplo, sistemas de alarma nos centros ou dotar de peorsoal conserxe aos centros escolares.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.