Programa de formación

O obxectivo fundamental do programa e estimular e promover entre a poboación o acceso ao coñecemento. Estructurado fundamentalmente en torno a tres eidos de intervención: uso das novas tecnologías, coñecemento da lingua e actividades de índole cultural. Incentivando tamén a convivencia e dinamización social ao tratarse de actividades de carácter grupal.

• Actividades de formación entorno ás novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Nas respectivas aulas municipais de informática se convocan cursos, en dous niveis, nos dous sementres do ano.
• Cursos de inglés para adultos.
• Cursos de Lingua galega preparatorios para os Celgas I, II, II e IV.
Organízanse en colaboración coa Secretaría de Normalización lingüística; son gratuítos, a asistencia a estes cursos é voluntaria e os exámenes teñen lugar no mes de xuño.
• Escola municipal de Música.
A matrícula ten lugar a finais de xuño e incluso en setembro se se dispón de prazas. As materias que se imparte son : música e movemento, linguaxe musical, práctica instrumental, actividades de conxunto etc. Período un curso escolar de setembro a xuño.