Programa mañanceiro

– ¿Qué é?
É un programa de conciliación da vida laboral e familiar no que se leva a cabo a proteción, vixianza e almorzo dos escolares nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.
Este servizo préstase a primeira hora da mañá, antes do comezo das clases.

Condicións do programa
O Mañanceiro comeza, cada curso escolar, en setembro (o primeiro día da clase) e remata en xuño (o último día de clase). Será de luns a venres segundo o calendario escolar correspondente, dende as 7:30 h ata o comezo das clases, que varía según o centro escolar.
Hai monitores/as especializados/as que fan actividades de tempo de lecer co alumnado. Ademais, se o solicitan, se lles serve o almorzo.
O/A participante poderá solicitar o servizo para todo o curso en mes completo, ou días soltos. Tamén por meses ou días soltos (puntuais, 12 como máximo). Terá preferencia o participante que o solicite para todo o curso en mes completo.
Para poñelo en marcha terá que haber un mínimo de 13 persoas inscritas por centro (nos centros escolares de dúas liñas) e de 6 (nos centros escolares dunha liña), que solicite o programa para todo o curso escolar.

Dirixido a:
Escolares de Educación Infantil e de Educación Primaria dos centros escolares de Cambre.

Requisitos:
Estar empadroado/a no Concello de Cambre.(As persoas non empadroadas poderán asistir se hai prazas baleiras)
Estar matriculados/as nun centro escolar de Educación Infantil e Primaria do Concello de Cambre.
Reducións:
– o 50% según a situación de desemprego dun dos/das seus/súas proxenitores/as e o 100% se están os/as dous/dúas. Para aplicar esta redución deberase achegar copia da tarxeta de demandante de emprego.
– O 50% da tarifa no caso de familias numerosas cun/cunha participante, o 60% no caso de dous/dúas participantes, o 70% en caso de tres participantes, o 80% en caso de catro participantes, o 90% en caso de cinco participantes e o 100% en caso de 6 participantes ou máis. A porcentaxe que corresponda aplicarase a cada un/unha dos/das participantes. O/a solicitante deberá achegar copia do título de familia numerosa.
– o 100% do servicio a familias monoparentais. O/a solicitante deberá achegar copia do libro de familia e da documentación que xustifique a dita situación (enténdese por familia monoparental según o establecido no artigo 13 da Leí 3/2011 de 30 de xuño de apoio á familia e á convivencia de Galicia).
– o 100% do servicio a familias con fillos/ as con discapacidade en idade escolar. O/a solicitante deberá achegar copia do certificado de minusvalía.
– o 100% do servicio a familias que acheguen informe emitido polos Servicios Sociais do Concello de Cambre para o que o/a solicitante deberá indicalo no formulario de solicitude.

  Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de presentación das solicitudes é aproximadamente do 15 de xuño ao 15 de xullo de cada ano. Se quedan prazas baleiras poderá apuntarse ao longo do curso.
A presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.
Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:
– ou pola páxina web municipal.
– ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28

Tarifas:
Son as aprobadas polo Pleno municipal logo da adxudicación do contrato deste servizo.
– Documentación a presentar:
– No prazo de solicitude deberá presentar o formulario de solicitude ( pódese descargar na página web do Concello de Cambre) e achegando se é o caso:
– A documentación necesaria para xustificar a redución solicitada sobre a tarifa estabrecida.
– Informe médico onde se recolla a intolerancia alimenticia que presente o/a alumno/a ou calquera outra situación ou particulariedade.
– Certificado de minusvalia do/da participante.
– Se hai más solicitudes que prazas no prazo de presentación de solicitude:
– A documentación que ven reflectida na ficha de inscrición do Programa Mañanceiro.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.