– ¿Que é?:
Programa de conciliación da vida laboral e familiar onde se realizan actividades lúdico-deportivas e culturais relacionadas coa Semana Santa.
– Dirixido a:
Nenos/as do Concello de Cambre, de 2º ciclo de Educación Infantil, toda Educación Primaria e 1º da ESO. Se hai prazas baleiras poderán solicitalo nenos/as doutros concellos.
– Requisitos:
Estar empadroado/a no Concello de Cambre e cumprir coa idade á que se fai referencia no apartado anterior.
– Prezo e reducións:
As taxas e os beneficios fiscais, son os contemplados no acordo regulador vixente.
– Lugar da actividade:
Nun ou varios centros escolares de Cambre (segundo sexa necesario).
– Mais información:
Ademais da realización das actividades propias do programa, pódese solicitar calquera dos servizos complementarios de conciliación que amosamos a continuación:
– Servizo de transporte gratuito dos/das participantes con parada nos centros escolares de Cambre.
– Servizo de atención aos/ás participantes de 7:30 h a 9:30 h e servizo de almorzo.
– Servizo de comida de 13:30 h a 16:30 h, para quen o solicite.
– Prazo e forma de incrición:
O prazo de inscrición comeza normalmente logo do periodo de vacacións escolares de Entroido.
A forma de inscrición: presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.
Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:
- ou pola páxina web municipal.
- ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28