Programación periódica e anual

A programación periódica e anual inclúe as seguintes actividades e actuacións:

• Programa de actividades artísticas e de apoio a creadores e intérpretes:
O seu obxecto é a promoción e difusión das diferentes manifestacións artístico-culturais entre a población, así como brindar apoio aos creadores e intérpretes e o fomento da convivencia e dinamización social. Prestando especial coidado ao emprego da lingua galega como vehículo de expresión e comunicación.
As actividades teñen carácter gratuito e desenvólvense ao longo de todo o ano nos distintos espazos de uso cultural.
• Axenda Cultural de Verán
• Festival de Polifonía e Habaneras
• Festival de Bandas de Música
• Certame de Pintura “Concello de Cambre”
• Certame literario de Poesía e de narración breve “Xoán Díaz”
• Concursos de carteis e outras disciplinas de carácter cultural
• Axenda cultural de outono e Nadal
• Actos de celebración do Día das Letras Galegas
• Exposicións artísticas e didácticas
• Xornadas e conferencias
• Concertos musicais