ANPAs:
O labor das ANPAs dos centros de Cambre é moi importante. Elas levan directamente no centro ao que pertence o programa de Actividades Extraescolares propio, a xestión do comedor (nun caso), e colaboran cos centros escolares na celebración de festas como a de Nadal, de Entroido, de Fin de Curso e outros eventos educativos e deportivos que poidan xurdir.
Existe unha colaboración mutua entre o concello e as ANPAs ao longo do ano na realización dos programas e de eventos, festa do deporte, gala municipal de patinaxe, festas de fin de curso etc…
Centros escolares de Cambre
O Concello de Cambre ademais de cumprir coas súas obrigas cos centros escolares de Cambre, mantén unha colaboración mutua cos centros escolares de Cambre no que faga falta sempre co obxectivo de contribuir favorablemente no desenvolvemento das condicións nas que os/as escolares de Cambre están levando a cabo a súa etapa escolar.