Programas de Inclusión social financiados ao Concello de Cambre período 2021-2023.
Orde do 6 de setembro de 2021. Consellería de Política Social e Xuventude
Subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, susceptible de ser financiada a través do Fondo Social Europeo, eixo prioritario R (REACT-UE) obxectivo temático “Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico R.1.2. (OE REACT-UE 2) “Apoiar o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza” previsto e liña de actuación 106 da anterior Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020.
– Programa PRISMA de educación familiar con xóvenes en situación de vulnerabilidade o período 01-07-2021 ata o 30-04-2023 cun máximo de 2642 horas contempladas no artigo 15 apartado f) “Módulo de educación e apoio familiar”.
Importe concedido para o período: 60.681,46 euros.
– Programa PÍLLARA como servizo de apoio e de educación familiar coas familias que participan no programa de intervención familiar para o período 01-07-2021 ata o 30-04-2023 cun máximo de 2642 horas contempladas no artigo 15 apartado f) “Módulo de educación e apoio familiar.
Importe concedido para o período: 60.681,46 euros.
– Programa AMARÍ como servizo de inclusión social da poboación xitana para o período 01-07-2021 ata o 30-04-2023 cun máximo de 2397 horas contempladas no artigo 15 apartado c) “Módulo de mediación social e/ou intercultural.
Importe concedido para o período: 49.071,38 euros.
– Programa LAGARE como servizo de apoio á prevención do sen fogarismo, apoio na procura de vivenda digna e mediación inmobiliaria para o período 01-07-2021 ata o 30-04-2023 cun máximo de 2397 horas contempladas no artigo 15 apartado e) “Módulo de apoio á inclusión residencial.
Importe concedido para o período: 55.054,30 euros.
Total concedido para o período: 225.488,60 euros
PROXECTO AMARÍ
Consiste nunha intervención social específica con prestacións básicas, mediación social e intercultural, e de acompañamento dirixido a familias de etnia xitana para o
desenvolvemento de actuacións para a sua inclusión social e a das súas familias nos
ámbitos da educación, saúde, vivenda e emprego, entre outros.O proxecto ten un carácter educativo, integrador, sensibilizador, de mediación e preventivo.
Nace en mayo do 2022 dentro do departamento de servizos sociais do Concello de
Cambre, cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, financiado como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19. Conta cun orzamento de 49066,59 euros e cun obxectivo temático de “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”. Para executar este proxecto conta cunha técnica superior de integración social contratada hasta abril 2023.
O seu obxetivo xeral é “Promover a normalización das condicións e a calidade de vida das persoas xitanas en Cambre e apoiar a súa plena integración social e económica.”
E os obxetivos específicos son:
1. Apoiar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais das persoas xitanas e
facilitar a información e o acceso aos servizos, bens e recursos dos diferentes
sistemas (educativo, sanitario, de emprego, vivenda e servizos sociais) co da
poboación total, fomentando o seu coñecemento e o seu uso adecuado.
2. Mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas xitanas a través de medidas específicas e compensatorias dirixidas á normalización en aqueles ámbitos que rexistran maiores desvantaxes e desigualdades respecto da poboación total.
3. Promover a igualdade e desenvolvemento da muller xitana, mediante accións
positivas que compensen a desigualdade real de oportunidades e combatan a
violencia doméstica e de xénero.
4. Garantir a efectiva igualdade de oportunidades para o pleno exercicio da súa
cidadanía e participación social.
Máis información
Aquelas familias de étnia xitana interesadas en participar neste proxecto pódense por en contacto cos Servizos Sociais no número de teléfono 981 654812 ou email:
INFORMACIÓN PARA PÁXINA WEB:
O Programa Lagare de inclusión residencial nace en febreiro de este ano dentro do departamento de servizos sociais do Concello de Cambre, cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, financiado como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
Conta cun orzamento de 55.054,30 euros e cun obxectivo temático de “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.
Por medio de dita iniciativa, o goberno local busca prestar especial atención á
poboación en no risco de perda da vivenda habitual e promocionando o acceso e mantemento da vivenda.
O programa Lagare de inclusión residencial ten como obxectivo xeral, abordar
situacións de inseguridade determinadas por risco serio de perda e/ou
desafiuzamento da vivenda habitual como apoiar ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, por mor dos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial.
Na actualidade, a exclusión residencial é un problema que está asentándonse na nosa sociedade e afectando a un gran número de persoas que cada vez teñen máis
problemas á hora de acceder a unha vivenda…As condicións actuais de acceso a un
alugueiro (seguro de impagos, aval bancario, aval particular…), así como os prezos dos mesmos…fan case imposible que moitas familias podan acceder a unha vivenda na que poder aloxarse.
Os seus obxectivos específicos serán:
– Reducir as situacións de vulnerabilidade económica e/ou social.
– Evitar o desafiuzamento cando sexa posible.
– Reducir os efectos da perda ou lanzamento cando inevitablemente se produza.
– Favorecer o acceso á vivenda en alugamento e a estabilidade na vivenda.
Podemos describir dentro do programa 3 grandes líñas de actuación que serán:
– Intermediación inmobiliaria,
– Prevención da discriminación no mercado da vivenda.
– Acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables.
Se desenvolverán como funcións específicas:
– Apoio psicolóxico no risco de perda da vivenda habitual.
– Asesoramento financeiro no risco de perda de vivenda habitual.
– Asesoramento legal no risco de pérdida da vivenda habitual.
– Intermediación bancaria no risco de perda da vivenda habitual.
– Intermediación inmobiliaria no risco de perda da vivenda habitual.
– Orientación laboral no risco de perda da vivenda habitual.
– Orientación social no rusco de perda da vivenda habitual.
– Intermediación inmobiliaria.
– Prevención da discriminación no mercado da vivenda.
– Acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables.
– Mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.
Informamos que neste momento de implementación do programa, estamos iniciando contacto con familias derivadas dende as unidades de traballo social do departamento de servizos sociais do Concello, contando na actualidade con 63 familias.
Dende o programa Lagare de inclusión residencial, traballaremos a prol da necesidade e dereito que teñen todas as persoas a disfrutar dunha vivenda digna e axeitada como reflexa a Constitución no seu artigo 47.
Somos coñecedores da importancia de dar apoio e cobertura a dita necesidade básica, que será unha ferramenta para poder garantir posteriormente unha intervención positiva noutros eidos como é a saúde, formación, inserción laboral…
Os veciños e veciñas interesados en participar neste programa poden contactar cos
servizos sociais do Concello de Cambre no teléfono 981 65 48 12 ou no correo
electrónico ser_sociales@cambre.org.
Programa Píllara, segunda edición do proxecto do Concello para axudar ás familias do municipio en risco de exclusión social
O programa Píllara está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa
Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, e conta cun orzamento de 60.681,41 euros. Co obxectivo temático de “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.
O Programa iniciou a súa andura a comezos do 2020, tendo como obxectivo principal favorecer a inclusión social das familias en risco de exclusión social do municipio.
Atendéronse un total de 92 persoas (27 homes e 68 mulleres), favoreceuse a inclusión social e laboral dun total de 65 persoas, que accederon a algún tipo de formación, recurso de atención especializada, ou oportunidade de emprego.
Co fin de alzanzar os resultados previstos no programa na súa edición 2021/2023, as liñas de actuación de Píllara serán as seguintes:
– Ofrecer atención individualizada e apoio psicosocial a persoas e familias usuarias dos servizos sociais comunitarios dentro programa de educación familiar.
– Organizar actividades de educación e apoio familiar para favorecer a adquisición de habilidades sociais, de organización doméstica e competencias parentais.
– Realizar un seguimento do proxecto de intervención de cada persoa/familia.
– Derivar a outras axencias e organizacións que ofrecen servizos especializados en Cambre e na comarca, como atención psicolóxica, asesoramento xurídico,
orientación laboral, formación, etc.
– Promover a igualdade de oportunidades e a corresponsabilidade nas familias a través de todas as actuacións do programa.
– Promover a participación das familias á vida comunitaria, así como a visibilización da contribución social que fan a súa contorna.
O Concello contará cunha educadora social a dedicación completa ata abril de 2023.
Os veciños e veciñas interesados en recibir máis información sobre este proxecto
poden contactar cos servizos sociais do Concello de Cambre no teléfono 981 65 48 12 ou no correo electrónico ser_sociales@cambre.org.
PROGRAMA PRISMA
Por medio desta iniciativa, o goberno local busca promover a inserción laboral e
social daqueles veciños e veciñas de entre 16 e 25 anos que se atopen fora do sistema educativo regrado.
Este é o obxectivo principal do progama Prisma, unha iniciativa que a concellería de
Benestar Social iniciou no ano 2018 e que, ata data, logrou numerosos logros. Tanto é así, que desde a posta en marcha deste programa, o Concello axudou a un total de 73 mozas e mozos, favorecendo, en varios casos, a súa inserción no mercado laboral e promovendo, noutros, que retomasen os seus estudos.
O programa Prisma está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa
Operativo do Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, e conta cun orzamento de 60.681,41 euros. Co obxectivo temático de “Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”.
Dende o ano 2018 ata ai 2021 atendéronse a 73 mozas e mozos dos cales:
Número de insercións laborais: 18
Número de retomo de estudos-formacións: 32 persoas (ESA, competencias clave,
ciclos formativos grao medio, curso de formación para pesoas desempregadas,..)
Para conseguir estes resultados e dar cumprimento aos obxectivos do programa, a
técnica en integración social –cunha dedicación completa- imparte, durante tres días á semana, talleres sobre as seguintes temáticas: igualdade de xénero; prevención e redución de riscos no consumo de drogas; pautas para unha futura emancipación; habilidades sociais, procura de emprego -creación de currículos, preparación de entrevistas, etc. Estes bloques formativos poden modificarse, iso si, en función das necesidades das persoas usuarias.
Ademais dos talleres, as mozas e mozos participan en múltiples saídas de lecer, como as organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre. A técnica atende, de maneira personalizada, a cada participante realizando seguimentos e derivacións a outras entidades cando é preciso.
A flexibilidade, crear cada día, improvisar segun as necesidades das mozas e mozos e da situación epidemiolóxica que continuamos vivindo. O grupo como maneira de
traballo, o apoio dos iguais, que se vexan reflexados uns en outros e un dos aspectos
máis importantes do programa Prisma. Facer dun proxecto común, un camiño distinto para cada participante segundo os seus intereses e motivacións.
Os veciños e veciñas interesados en participar neste programa poden
contactar cos servizos sociais do Concello de Cambre no teléfono 981 65 48 12
ou no correo electrónico ser_sociales@cambre.org.