“UN LIBRO SEMPRE COMIGO”
O Concello de Cambre dispón na actualidade das seguintes bibliotecas:
• Biblioteca Municipal Central.
• Biblioteca Municipal Os Templarios.
• Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo.
Pertencentes á Rede de Bibliotecas públicas de Galicia. http://rbgalicia.xunta.gal
A través da súa web podedes consultar tamén toda a información de interese relacionada coas bibliotecas.
Horarios de apertura:
Biblioteca Central
De luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Biblioteca X. P. Docampo
De luns a venres pola mañá, de 10:00 a 13:00 horas, e as tardes dos mércores, xoves e venres, de 16:00 a 20:00 horas.
Os luns e martes pola tarde esta biblioteca permanecerá pechada.
Biblioteca Os Templarios
Sala de adultos:
De luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Sala infantil:
Martes, mércores e venres, de 16:00 a 20:00 horas.
Nota:
Nos períodos vacacionais (Nadal, Entroido, Semana Santa e verán), estas bibliotecas abrirán no seguinte horario:
De luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.
Biblioteca Municipal Central:
As instalacións da Biblioteca Central de Cambre están abertas dende o 30 de setembro de 2020. Este espazo adicado aos amantes da lectura dispón de máis de 500 metros cadrados divididos en dúas zonas: unha destinada ao público adulto e outra para os pequenos/as lectores; así como unha área administrativa e de despachos e aseos.
Estrada da Castellana nº2
15660 Cambre
Teléfono: 981 675 109
e-mail: bibliotecacambre@cambre.org
www.opacmeiga.rbgalicia.org
Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo:
As instalacións da Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo foron inauguradas o 20 de febreiro de 1998. Atópanse ubicadas na urbanización A Barcala.
Debe o seu nome á figura do Mestre, escritor infantil, contacontos, actor, guionista e gran promotor da lingua e cultura galega que tivemos a honra de ter como veciño ate o seu paramento en 2018.
Dirección: C/ Río Gándara, 6-baixo esq.
Urb. A Barcala-Cambre
Teléfono: 981 665 236
e-mail: bibliotecaxabierdc@cambre.org
www.opacmeiga.rbgalicia.org
Biblioteca Municipal Os Templarios:
As instalacións da Biblioteca Municipal Os Templarios foron inauguradas o 9 de marzo de 1994 e están ubicadas na parroquia do Temple, a zona máis urbana do termo municipal. Dispón de dúas salas: unha destinada ao público adulto e outra para os pequenos/as lectores.
Dirección: Paseo dos Templarios, 9A O Temple-Cambre
Teléfono: 981 661 458
e-mail: bibliotecaostemplarios@cambre.org
www.opacmeiga.rbgalicia.org