Rescatan a un home que caera ao río Mero na zona da Barcala

27 Xuñ 2024

A Policía Local e o Servizo Municipal de Emerxencias de Cambre contribuíron, esta tarde, no rescate dun home que se caeu ao río na zona da Barcala. Os efectivos municipais foron os primeiros en chegar ao lugar e en localizar ao home, que sufrira unha caída de varios metros, acabando no río Mero, na zona da Barcala. Na operación interviñeron tamén a Garda Civil de Cambre e os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Arteixo.

Os feitos producíronse ao redor das 13.40 horas e grazas á intervención dos diferentes corpos e forzas de seguridade e emerxencias, logrouse sacar ao home da auga ao redor das 14.20 horas. Por mor do impacto, o home sufrira un politraumatismo e tivo que ser trasladado ao centro hospitalario nunha ambulancia medicalizada

Tamén che pode interesar