O Concello de Cambre publica o resultado do sorteo das actividades socioculturais outubro 2023 – maio 2024. Nas actividades nas que non se alcanzou o número mínimo de participantes, así como nas que aínda quedan prazas vacantes, a inscrición queda aberta ata a data de inicio prevista. De alcanzarse ese número mínimo, avisaríase aos rexistrados do comezo da actividade.
As actividades comezan o 2 de outubro de 2023 e finalizan o 31 de maio de 2024, exceptuando os grupos de “Manexo de móbil e tablet” que teñen unha duración particular.
O grupo de Informática básica O Amorne comezará o luns 9 de outubro.
As persoas que necesiten máis información poderán chamar ao teléfono 981 613 193 ou enviar un correo á dirección cultura@cambre.org.
Resultado sorteo actividades socioculturais
Relación de solicitudes coa puntuación provisional acadada na convocatoria pública para o outorgamento de autorizacións, en réxime de concurrencia, para o exercicio da venda ambulante en postos, gastro-buses (“Food Trucks”) ou vehículos – tenda similares, durante o “Festival Rock in Cambre 2026”,
Relación de solicitudes