Sementeira reunirá a decenas de músicos das Mariñas e do Baixo Miño no seu VIII Encontro de Grupos Tradicionais

15 Mar 2024

Sementeira Cambre reunirá mañá, sábado 16 de marzo, a unha importante representación de músicos procedentes das Mariñas e do Baixo Miño. Farao coa organización do VIII Encontro de Grupos Tradicionais, que se levará a cabo no auditorio do Conservatorio de Culleredo ás 20.00 horas. 

Nesta ocasión, a agrupación cambresa contará coa colaboración de Treboada Baixo Miño. Como explican desde Sementeira, a cooperación deste grupo achegará “sonoridades e músicas diferentes á programación habitual do evento”. A maiores, o público poderá gozar da música das agrupacións convidadas nesta oitava edición: Rueiriños de Nós, Barallocas da A.C. Amanexo. O acceso ao concerto é libre ata completar o aforo do recinto.

 

 

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.