Servizo de Atención Temperá do Concello de Cambre para nenos e nenas de 0 a 6 anos

Concello de Cambre puxo en marcha un novo Servizo de Atención Temperá para nenos e nenas de 0 a 6 anos. Esta prestación estará realizada por un psicólogo, un terapeuta ocupacional e por un logopeda.

Trátase dun servizo gratuíto para as persoas empadroadas no Concello de Cambre.

As persoas que deseen solicitar cita poderán facelo nos rexistros municipais ou na sede electrónica, dirixindo a solicitude á Concellería de Sanidade.

Se precisades máis información podedes enviar un correo ao enderezo atenciontemprana@cambre.org ou chamar aos teléfonos 698 183 992 e 604 055 388.

A solicitude irá acompañada de informe do facultativo pediátrico que corresponda, onde se xustifique a necesidade de atención temperá do menor. É preciso indicar, ademais, a data de nacemento do neno/a.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.