Os servizos da rede de bibliotecas teñen como obxectivo promover a apoiar a paixón pola lectura e a aprendizaxe de todos os veciños e veciñas.
- Acceso libre ás salas para préstamo e consulta.
- Información inmediata sobre as condicións de acceso a todas as coleccións, servizos e actividades.
- Préstamo persoal ou colectivo de libros, música, filmes e diversidade de documentos e soportes de información.
- A disposición dos usuarios/as temos varios exemplares de todos os libros de lectura obligatoria dos centros de ensino público de Cambre.
- Referencia, apoio e orientación bibliográfica personalizada.
- Acceso a Internet, WIFI, reprografía, equipamentos e aplicacións ofimáticas.
- Servizos en liña: consulta de catálogos, novidades, préstamos das coleccións en formato dixital, reserva e renovación de exemplares.
- Apoio específico á comunidade educativa.
- Desiderata: admisión de propostas, suxestións e queixas.
Consulta o noso catálogo en:
http://rbgalicia.xunta.gal
Acceso a GaliciaLe (préstamos en liña de libro electrónico):
http://www.galiciale.es/