Sete grupos subiranse ao escenario nun concerto solidario organizado por Musicambre

18 Set 2023

A Asociación Cultural Musicambre porá o toque musical na antesala da fin de semana. Farao mediante a organización dun concerto solidario no que varios grupos se subirán ao escenario. Será este vernes, 22 de setembro, ás 20.00 horas no Parque da Igrexa de Cambre. En caso de chuvia, trasladarase á pista deportiva cuberta de Pravio.

Ese día, subiranse ao escenario os seguientes grupos: Malasömbra, Hemacaos, Destemplados, Black Crab, Panxea, Jam On, Raquel Capote e Alberto Laso. A banda Malasömbra volverá a actuar para cerrar a noite de música.

O concerto será solidario. Desta forma, parte do diñeiro que se recaude irá dirixido á Asociación Española contra o Cancro. Ademais do fin solidario, a actuación buscará tamén servir de escaparate para os grupos participantes, dando a coñecer o seu traballo musical.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.