Sete veciñas de Cambre converteranse nas protagonistas de chárlaa-coloquio Exemplos en feminino, na que se falará da presenza da muller en distintos sectores profesionais. Trátase dunha das actividades que o Concello organiza para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
O obxectivo, tal e como explica a concelleira de Servizos Sociais, Landa Díaz, “é desbotar os prexuízos que existen nos diferentes sectores profesionais, nos que debería haber unha presenza paritaria entre mulleres e homes”. Así, con esta iniciativa búscase, precisamente, “visibilizar o labor que realizan estas cambresas nos seus traballos, animando a outras mulleres e mesmo ás futuras xeracións a seguir o seu exemplo”.
Na actividade intervirán as seguintes relatoras: Yolanda Fandiño García (policía local), Noelia Díaz Sánchez (xornalista), Manuela Varela (actriz e directora), Carolina Pan (comunicadora e paciente de cancro de mama), Susana Pedreira Sánchez (bombera), Bibiana Portela Naveiras (vocalista do grupo Destemplados) e Iria Mejuto Buceta (xestora cultural). Durante a proposta, cada unha delas terá ocasión de dar o seu punto de vista persoal sobre a presenza da muller no sector. Ao remate, o público asistente terá a ocasión de formular preguntas.
O coloquio levará a cabo o luns, 10 de marzo, ás 19.30 horas na Casa da Cultura Vila Concepción.
Más actividades
O programa do 8M comezará este venres, 7 de marzo, ás 12.00 horas coa lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller. Será no exterior da Casa do Concello e, en caso de choiva, trasladarase ao salón de plenos.
O sábado, 15 de marzo, realizarase a cabo unha clase de Defensa persoal para mulleres. A sesión arrincará ás 17.00 horas no ximnasio Óliver Díaz Docando e estará impartida por Kaizen Defensa Persoal.