Ata 70 familias poderán acceder ao novo programa de conciliación que o Concello organiza polas festas de Entroido. A iniciativa levarase a cabo tanto o 20 como o 22 de febreiro no CEIP Wenceslao Fernández Flórez e estará dirixida a alumnos e alumnas das seguintes etapas formativas: 4º, 5º e 6º de Infantil, todo Primaria e 1º da ESO.
O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, sinala o compromiso do goberno local por “seguir ofrecendo actividades que promovan a conciliación da vida laboral e familiar nos períodos e datas nos que os nenos e nenas non teñan clases”. Como apunta o edil, este obxectivo que se consegue con “os campamentos de verán, con Xogando no Nadal ou con esta nova edición de talleres e xogos no Entroido”.
O programa ofrecerá un máximo de 70 prazas para os veciños e veciñas. A maiores, poderíanse poñer en marcha outros servizos complementarios (almorzo, actividades, comida e transporte) a condición de que haxa o número mínimo de solicitudes para cada prestación.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude desde o luns, día 23 ata o día 30 de xaneiro (ambos os incluídos). A documentación poderá presentarse por vía telemática a través da sede electrónica ou en calquera dos rexistros de entrada (solicitando, para iso, cita previa).
Augas de Galicia inicia labores de conservación no río Mero para retirar árbores caídos no leito
A actuación, cunha duración estimada de 15 días, afectará ao dominio público hidráulico no concello de Cambre para...
