Torneos de ping-pong e de videoxogos: as dúas propostas semanais da OMIX para os máis xóvenes

9 Nov 2023

Torneos de ping-pong e de videoxogos. Esas son as dúas actividades que a OMIX Cambre organizará este venres, 10 de novembro, ás 18.00 horas nas dúas instalacións xuvenís e dentro do seu programa Por fin é venres.

Por un lado, Casa das Palmeiras acollerá a tarde de videoxogos, na que os máis xóvenes poderán presumir das súas destrezas nos mandos da Wii e a Xbox. En paralelo, Casa Arrigada será o escenario no que se levará a cabo a competición de tenis de mesa.

A programación de novembro continuará as próximas semanas. Así, o venres, 17 de novembro, os mozos e mozas poderán participar nunha tarde de rol en vivo na Casa das Palmeiras (18.00 horas) ou nun taller de baile en Arrigada (18.00 horas).

O programa concluirá o venres, 24 de novembro, cunha actividade para confeccionar imáns contra a violencia de xénero (Casa das Palmeiras) e cun escape-room relacionado tamén con esta xornada conmemorativa na Casa Arrigada.

As actividades son gratuitas e están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web omix.cambre.es .

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.