Trámites

Trámites de Alcaldía:

Vodas civís
Que é?

Solicitude para a celebración dunha voda civil no termo municipal, utilizando instalacións municipais para a celebración da mesma e levada a cabo polo Alcalde-Presidente ou o concelleiro en quen delegue mediante Resolución de Alcaldía.

Quen o pode solicitar?
A persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
A documentación tramítana directamente no Xulgado correspondente, ben no de Cambre, se algún dos contraentes está empadroado no Concello de Cambre ou ben, nos Xulgados correspondentes.

No Concello deberase presentar:
– Solicitude.
– Fotocopia dos DNI das persoas contraentes.
– Xustificante de pagamento.

Unha vez confirmada a data, débense achegar os DNI das persoas que van actuar como testemuñas nesta celebración.
No caso de que se actúe por representación, deberase achegar, para a súa compulsa polo funcionario do SAC:
DNI orixinal do representante
Documento que acredite a representación

Prezo
– Cando algún dos contraentes sexa veciño do municipio: 90 €.
– Cando ningún dos contraentes sexa veciño do municipio: 180 €.

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai prazo establecido.

Trámites de bibliotecas:

Solicitude carné Bibliotecas Municipais de Cambre

Que é?

Documento persoal que serve para levar en préstamo libros, películas ou música e acceder aos equipos informáticos das bibliotecas e a servizos dixitais como GaliciaLe. Desde a páxina do catálogo da Rede co carné tamén podes realizar distintas xestión de maneira personalizada, como a renovación de préstamos ou a reserva de exemplares.

Para vir ás bibliotecas e utilizar os demais servizos non se necesita carné.

Quen o pode solicitar?

Calquera persoa, residente ou non no municipio, sen límite de idade. Ata os 14 anos terán unha persoa adulta responsable que pode facer uso do carné dos menores.

Onde se tramita?

En calquera das tres bibliotecas municipais de Cambre:

-BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL
Estrada da Castellana, 2

-BIBLIOTECA MUNICIPAL OS TEMPLARIOS
Paseo dos Templarios, 9-A. O TEMPLE-CAMBRE

-BIBLIOTECA MUNICIPAL XABIER P. DOCAMPO
R/ Río Gándara, 6, baixo I. URB. A BARCALA-CAMBRE.

Documentación a achegar

• Para facer o carné e para recollelo debes amosar o DNI/NIE/Pasaporte da persoa solicitante ou da que autoriza a inscrición dun menor de 14 anos. Farémosche unha foto.

• Datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento, enderezo, número de teléfono…).

Prezo

Gratuito

Prazo de presentación

En calquera momento, cando a persoa usuaria o decida.

Observacións

O carné de socio dá opción a levar ata 10 documentos en préstamo persoal na Rede de Bibliotecas Municipais de Cambre, 20 para toda a Rede de Bibliotecas de Galicia.

• Libros prestables: ata 5 exemplares durante 21 días (renovable por 21 días máis).
• Audiovisuais prestables: ata 2 exemplares durante 7 días (renovable por 7 días máis).
• Sonoros prestables: ata 2 exemplares durante 7 días (renovable por 7 días máis).
• Arquivos de ordenador prestables: 1 exemplar durante 7 días (renovable por 7 días).
• Revistas prestables: 2 exemplares durante 7 días (renovable por 7 días máis).
• Lector de libro electrónico: 1 exemplar durante 21 días (renovable por 21 días máis)

Certificados IBI, IAE e IVTM

Que é?
É a expedición de certificados realizados sobre a base dos datos obrantes nos padróns fiscais dos impostos municipais de bens inmobles de natureza urbana e rústica, de actividades económicas e de vehículos.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física ou xurídica, por ela mesma ou mediante representante legal. O departamentos municipais (xeralmente Servizos Sociais, para trámite de axudas e subvencións).

Documentación a achegar
Instancia xeral do Concello.

Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos (exercicio 2012), o prezo é de: 2 euros.

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai un prazo establecido.

Devolución de ingresos indebidos

Que é?
O procedemento polo cal a Administración Local, devolverá aos obrigados tributarios, aos suxeitos infractores ou aos sucesores duns e doutros, os ingresos que indebidamente se terían realizado á Facenda Local con ocasión o cumprimento das súas obrigas tributarias ou do pagamento de sancións.
Con carácter xeral, o procedemento iniciarase a instancia do interesado, quen deberá fundamentar o seu dereito e acompañar o comprobante de ter satisfeito a débeda-
Non obstante o disposto no punto anterior, poderá acordarse de oficio a devolución nos supostos seguintes:
• Cando despois de satisfacerse unha liquidación tributaria, esta sexa anulada.
• Cando se probe duplicidade indubidable do pagamento.

Quen o pode solicitar?
Con carácter xeral, o procedemento iniciarase a instancia da persoa interesada.

Documentación a achegar
• Modelo de solicitude de ingresos indebidos.
• Fotocopia do DNI, pasaporte, permiso de conducir, NIE ou permiso de residencia, segundo proceda.
• Xustificante do pagamento realizado.

Prezo
Trámite gratuito.

Prazo de presentación
O prazo de prescrición do dereito a solicitar a devolución é de 4 anos.

Prazo de resolución
O prazo de resolución é de seis meses.

Tramitación de facturas

Que é?
A tramitación de facturas iníciase dende o momento da recepción das facturas remitidas polos provedores dos bens, servizos e certificacións de obra, e finaliza no momento do recoñecemento da obriga-
A factura debe ser rexistrada no Rexistro de Facturas de Intervención

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física ou xurídica, provedora ou contratista do Concello, por ela mesma ou a través de representante.

Documentación a achegar
Factura. As facturas e as certificacións de obra expedidas polos provedores ou contratistas presentaranse no Rexistro Xeral de Documentos do Concello, e deberán conter, como mínimo, os datos seguintes:
a. Datos identificativos do Concello: nome e NIF.
b. Datos identificativos do provedor ou contratista: nome e NIF ou DNI, ou NIE.
c. Número e data da factura ou certificación de obra.
d. Descrición abondo da subministración ou do servizo prestado.
e. Servizo ou departamento municipal que efectuou o encargo.
f. Vale de pedido.

Factura electrónica

Oficina Contable                        Órgano Gestor                 Unidad Tramitadora

GE0002418 INTERVENCIÓN     LA0004868 ALCALDÍA     LA0004869 CONCEJALÍA DE HACIENDA

Otros datos de interés:
NIF: P1501700G
Domicilio: C/ Atrio, 1 – Cambre 15660 – A Coruña
Otros: si fuese posible unir formato pdf de la factura

Trámites de policía:

Rexistro de animais potencialmente perigosos

Que é?
As persoas propietarias ou posuidoras de animais potencialmente perigosos, están obrigadas a inscribilos no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos nun período máximo de trinta días a partir da data de nacemento, adquisición ou cambio de residencia do animal.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
* Solicitude (Descargar)
• Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 125.000 €.
• Documento acreditativo da implantación do micro chip asinado polo veterinario responsable. (Tarxeta ou cartilla sanitaria do animal)
• Copia da licenza municipal (só se se obtivo nun Concello distinto).

Prezo
Segundo a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, a tarifa (exercicio 2007) por inscrición no rexistro de animais potencialmente perigosos é de 4 €.

 

Licencia para a tenza de animais potencialmente perigosos

Que é?
Licenza que se expide coa finalidade de controlar a idoneidade dos seus titulares para a tenza de animais potencialmente perigosos.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal. Esíxese estar empadroado

Documentación a achegar
– Solicitude (Descargar modelo)
– Fotocopia do DNI da persoa interesada.
– Fotografa tamaño carné.
– Volante de empadroamento
– Certificado de non ter antecedentes penais da persoa interesada (Documento de autorización de consulta)
– Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves á Lei 50/1999, do 23 de decembro, expedido pola Xunta. (modelo solicitude)
– Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos centros médico – psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados, dentro dos tres meses anteriores á data da solicitude da licenza.
– Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, cunha cobertura mínima de 125.00 €.
– No caso dos animais salvaxes, acreditar a orixe legal do animal e memoria sobre instalacións e medidas de seguridade.

Prezo
Segundo a Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, a tarifa (exercicio 2007) para a licenza de animais potencialmente perigosos é de 9 €.

Pagamento de multas de tráfico

Que é?
É a tramitación para o pagamento das multas de tráfico.

Quen o pode solicitar?
Calquera persona interesada.

¿Dónde se tramita?
Na Unidade de Instrución de Sancións Municipais de Tráfico da Deputación Provincial da Coruña (Órgano instrutor).
Pódese obter o documento de ingreso en atención.tributaria@dicoruna.es ou no teléfono gratuíto 900 132 204. Tamén se pode facer directamente o ingreso mediante transferencia bancaria na conta n.º 2091 0000 38 3110002858 de Caixa Galicia indicando o número de boletín.

Documentación a achegar
Boletín de denuncia da Policía Local ou notificación recibida no domicilio procedente da Deputación Provincial

Prezo
O estipulado na Ordenanza municipal de circulación de Cambre. Se o pagamento se realiza en período voluntario (20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia) ten unha redución do 50%.

Período de pagamento
Dispón dun prazo de 20 días naturais seguintes á data de notificación da denuncia para efectuar o pagamento coa redución do 50% do importe da sanción de multa. Iso implica (art.º 80 LSV) a terminación do procedemento o día en que se realice o pagamento, a renuncia a formular alegacións ou recurso de reposición e a firmeza da sanción na vía administrativa dende o momento do pagamento, producindo plenos efectos dende o día seguinte.

Execución da sanción
Se non formula alegacións nin paga con redución no prazo de 20 días naturais, a denuncia correctamente notificada fai efecto de acto resolutorio do procedemento nos supostos previstos polo artigo 81.5 LSV. Neste caso a terminación do procedemento pon fin á vía administrativa e a sanción poderase executar dende o día seguinte ao transcurso dos trinta días naturais dende a notificación da denuncia, quedando aberta a vía contencioso – administrativa.

Cobramento das multas
Vencido o prazo de 15 días naturais seguintes á data de firmeza da sanción sen que se tivese satisfeito o pagamento da multa, a súa exacción levarase a cabo polo procedemento de prema (art.º 90 LSV).

Marco legal
• Real Decreto Lexislativo 339/1990, Lei sobre Tráfico, Circulación de vehículos a motor e Seguridade Vial.
• Real Decreto 1398/1993, regulamento de procedemento para o Exercicio da Potestade Sancionadora.
• Real Decreto 320/94, regulamento de procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos, coas modificacións do Real Decreto 18/2003 a Motor e Seguridade Vial.
• Real Decreto 1428/03, Regulamento Xeral de Circulación.
• Ordenanza municipal de circulación de Cambre (BOP núm. 79, de 29/04/2010 e núm. 167 de 01/09/2012).

Alegacións a denuncias de tráfico

Que é?
Procedemento co que unha persoa solicita o sobresemento dunha multa de tráfico que lle foi imposta.

Quen o pode solicitar?
A persoa denunciada ou o seu representante legal.

Onde se tramita?
Na Unidade de Instrución de Sancións Municipais de Tráfico da Deputación Provincial da Coruña, con domicilio en C/ Archer Milton Huntington n.º 17 – 15071 A Coruña.

Documentación a achegar
• Boletín de denuncia ou referencia al mismo.
• Medios de proba admitidos en dereito.

Prezo
O trámite é gratuíto, pero a súa presentación supón a perda da redución do 50% do importe da sanción.

Prazo de presentación
20 días naturais citando sempre o n.º de boletín.

Prazo de resolución
Mentres non se produza a prescrición. Nas infraccións leves 3 meses, en graves e moi graves 6 meses (o prazo comeza o día que se cometeron os feitos). Ver art.º 80 OM prescrición e caducidade.

Tarxeta de armas

Que é?
Documento para solicitar a licenza de armas de aire comprimido. Para poder levar e usar armas da categoría 4ª haberán de estar documentados mediante tarxeta de armas.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada, maior de 14 anos, ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
– DNI.
– Solicitude. (descargar modelo)
– Fotocopia da factura da arma.
– Guía da arma.
– Volante de empadroamento
– Certificado de no tener antecedentes penales (Documento de autorización de consulta)

Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, o prezo (exercicio 2007) é pola expedición de tarxetas de armas ou permiso de uso de escopetas de aire comprimido, ou outros tramitados ante a Policía Local é de 12,00 €.

 

Informe de residencia / convivencia real e efectiva

Que é?
Documento que acredita a residencia ou convivencia real e efectiva da persoa/s interesadas nun domicilio de Cambre. Adóitase solicitar cando a devandita residencia ou convivencia non aparece reflectida no Padrón Municipal.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Calquera persoa interesada ou o seu representante legal
• Calquera medio de proba que acredite a residencia ou convivencia.

Prezo
Segundo a Ordenanza reguladora da taxa pola expedición de documentos administrativos a tarifa (exercicio 2007) é de 10 € (Outros informes emitidos pola Policía Local).

Prazo de presentación
En calquera momento, non hai prazo establecido.

Informe de actividade agraria

Que é?
É un documento que acredita o exercicio dunha actividade agraria sen estar inscrito no réxime especial agrario. É necesario para a xestión das inscricións, revisións e baixas de máquinas agrícolas no Rexistro de maquinaria agrícola da Consellería de política agroalimentaria e desenvolvemento rural (ROMA).

Quen o pode solicitar?
Toda persoa física interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Solicitude.
• Fotocopia da escritura dos terreos ou contratos de arrendamento.
• Fotocopia do DNI.

Prezo
A taxa a percibir é de 10 € (Outros informes expedidos por Policía Local).

Atestados de tráfico

Que é?
É un informe técnico elaborado pola Policía Local tras un accidente de tráfico no que hai feridos. Remítese ao xulgado de garda. As compañías aseguradoras ou os interesados poden solicitar confirmación de que hai atestado e da súa remisión ao xulgado.
Se o desexan poden solicitar copia do atestado.

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• Xustificante do pagamento da correspondente taxa.
• Referencias do lugar, data, matrícula, etc.

Prezo
Segundo a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos, a taxa é de 50 €.

Reserva de espazo

Que é?
É a realización dunha reserva de espazo público con carácter temporal (por obras, mudanzas, eventos, etc..)
Non ten nada que ver coas reservas permanentes, como poden ser vaos, prazas de estacionamento de minusválidos ou zonas sinalizadas de carga e descarga. Estes procedementos tramítaos Urbanismo (inda que dito departamento pode solicitar o longo da tramitación un informe da Policía Local)

Quen o pode solicitar?
Calquera persoa física interesada ou o seu representante legal.

Documentación a achegar
• A solicitude deberá presentarse nas oficinas municipais ou por vía telemática con 3 días hábiles de antelación mínima Debe especificar claramente a data, horario e lugar da reserva (mesmo poden achegar esbozo)
• Documento acreditativo de ter aboado a taxa correspondente.
• Xustificación da súa necesidade.
• No caso de reservas por obras ou actividades suxeitas a licenza debe achegar copia desta ou a súa referencia para efectuar as comprobacións oportunas.

 

Informe de actuación policial

¿Qué es?
Documento que acredita la actuación de los agentes de la Policía Local de Cambre en cualquier hecho en el que hayan intervenido.

¿Quién lo puede solicitar?
Cualquier persona interesada o su representante legal.

Documentación a aportar
Impreso de solicitud general. Debe indicarse fecha y lugar concreto de la actuación, así como la finalidad para la que se solicita el informe.

Precio
Según la Ordenanza reguladora de la tasa por la expedición de documentos administrativos la tarifa (ejercicio 2007) es de 10 € (Otros informes emitidos por la Policía Local).

Trámites de Protección Civil:

Solicitude de autorización de cacharelas para San Xoán

Que é?
É a autorización para poder realizar unha queima controlada en espazo público ou privado, baixo a supervisión do Servizo. Por un lado preténdese evitar situacións que poidan supoñer risco para persoas, bens e medioambiente, informando sobre normas de prevención e por outro lado, informar ao Distrito Forestal II de Betanzos e Forzas e Corpos de Seguridade, para un mellor control e identificación de responsables en caso de danos ou neglixencia.

Quen o pode solicitar?
Persoa interesada ou persoa que o represente maior de idade

Documentación a achegar
Documento Nacional de Identidade da persoa solicitante.

Prezo
Trámite gratuito.

Prazo de presentación
Días e horas preestablecer polo Servizo.

Solicitude de colaboración

Que é?
Trátase da solicitude por parte dalgunha entidade ou asociación de colaboración do Servizo de Protección Civil para cubrir ou garantir a seguridade con motivo de festas, probas deportivas, actos varios, etc.

Quen o pode solicitar?
Calquera entidade, asociación, particular ou empresa que organice algún evento e que supoña certo risco ou perigo para persoas, bens ou medioambiente.

Documentación a achegar
Datos relativos á actividade para a que se pide colaboración, horario, n.º de asistentes, riscos existentes e expoñer claramente para que se solicita a colaboración do Servizo de Emerxencias e Protección Civil.

Prezo público
Dependendo do tipo da actividade, así como risco e dispoñibilidade de medios humanos e materiais, será o alcalde que decida se a devandita colaboración está suxeita á Ordenanza fiscal n.º 17 reguladora da prestación de servizos de emerxencia e análogos, á que se debe este Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. En caso de participación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a entidade solicitante farase cargo dos gastos de manutención e traslado.

Solicitud de informes por actuaciones realizadas

Que é?
Trátase dun informe realizado con motivo dalgunha actuación levada a cabo por persoal deste Servizo, onde se fai constar hora de aviso, hora de personación e duración da intervención, así como medios empregados e descrición da actuación realizada en liñas xerais.

Quen o pode solicitar?
Persoa/ás interesadas e beneficiarias do servizo prestado así como as compañías aseguradoras en representación dos seus asegurados.

Depósito de garantías: fianzas en metálico e avais bancarios

Que é?
É un depósito en metálico ou mediante aval bancario esixido como garantía do cumprimento dos seguintes supostos, entre outros:
• De obras particulares que afectan a vía pública ou calquera outro ben patrimonial.
• Dos servizos, obras públicas ou subministracións suxeitas a contrato.
• Do aprazamento e fraccionamento de débedas tributarias.

Quen o pode solicitar?
Contratistas e adxudicatarios de obras ou servizos ou outras persoas obrigadas ao depósito de garantía ante o Concello.

Documentación a achegar
• Carta de notificación de adxudicación ou do acordo de concesión do aprazamento ou fraccionamento da débeda tributaria.
• Aval bancario ou metálico.

Prezo
O importe comunicado na licenza de obras, ou o publicado no Prego de condicións correspondente. No caso de débedas tributarias, a garantía cubrirá o importe da débeda en período voluntario de pagamento, dos intereses de demora que xere o aprazamento e un 25 por cento máis da suma de ambas as dúas partidas.

Prazo de presentación
O determinado por contratación ou urbanismo, segundo o caso. A garantía deberá formalizarse no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación do acordo de concesión do aprazamento ou fraccionamento da débeda tributaria cuxa concesión quedará condicionada á devandita formalización.

Devolución de avais

Notificado o Acordo de devolución de fianza o interesado poderá retirar o Aval, ben persoalmente ou por medio de terceira persoa.

Cando se trate de terceira persoa será precisa unha autorización por escrito, acompañando fotocopia do D.N.I. da persoa que autoriza e do autorizado.

Se o solicitante é unha persoa xurídica deberá achegar fotocopia da escritura de constitución e dos poderes de representación de quen asina a instancia.

En caso de que os solicitantes estivesen constituídos en comunidade de bens, deberá achegarse copia do contrato constitutivo da devandita comunidade, subscribindo a instancia a totalidade dos comuneros ou quen exerza a representación destes, sempre que acredite a devandita representación.

As fotocopias irán acompañadas dos orixinais para o seu cotexo.

Solicitude de aprazamento / Fraccionamento de débeda

Trámites de Urbanismo:

Solicitude de licencia de obras
Solicitude de licenza de parcelación urbanística
Solicitude de licenza de segregación ou división de terreos
Solicitude de licenza de primeira ocupación
Comunicación previa de obras
Comunicación previa de actividade
Solicitude de licenza para espectáculos públicos e actividades recreativas
Solicitude de licenza para espectáculos públicos e actividades extraordinarias que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles
Solicitude de licenza para a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas a establecemento
Comunicación previa de cambio de titularidade de obras
Comunicación previa de cambio de titularidade de actividade
Solicitude de licenza para talla de masa arbórea
Modelo de denuncia urbanística

Trámites de Xuventude:

Inscrición en actividades xuvenís

Que é?
Pode haber dous tipos de actividades xuvenís, que implican diferentes procedementos de inscrición:
a) Actividades xuvenís xerais (sendeirismo, Este finde teño plan,…)
b) Actividades propias das Casas da Xuventude

a) ACTIVIDADES XUVENÍS XERAIS

Quen o pode solicitar?
As persoas destinatarias ás que vaia dirixida a actividade concreta.

Onde se solicita?
Nas oficinas de Rexistro Municipal e na sede electrónica do Concello de Cambre.

Documentación a achegar

 -Solicitude de participación en programas xuvenís
 – Documento que acredite o desconto que solicita
 – FIPAX (só no caso de ser a primeira vez que participas nunha actividade xuvenil xeral)

Prezo
Dependerá de cada actividade, e de acordo co “Acordo Regulador núm. 4 do prezo público por actividades xuvenís”.

Prazo de presentación
Dependerá da convocatoria de cada actividade.

b) ACTIVIDADES XUVENÍS DAS CASAS DA XUVENTUDE

A inscrición será nas propias Casas da Xuventude ou nun formulario habilitado na web, segundo se indique na convocatoria da actividade.

Solicitude de participación en programas xuvenís
FIPAX

 

TarxetOM

Que é?
O TarxetOM é a Tarxeta da OMIX. É un carné propio da OMIX, co que se obteñen importantes descontos nas actividades xuvenís (50%), pero tamén nas actividades educativas, culturais e deportivas municipais (20%).

Quen o pode solicitar?
As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Empadroados/as (con antigüidade mínima dun mes)
  • Ter entre 7 e 30 anos, ambos os dous inclusive.
  • Posuír DNI
  • Estar inscritos/as no FIPAX.

Documentación a achegar 

Onde se solicita?
A documentación ten que ser entregada a través do Rexistro Municipal.

Resolución
Unha vez entregada toda a documentación, poderás recoller o teu Tarxetom na OMIX Casa Arrigada, nun prazo máximo de 15 días.

Aplicación dos descontos
Para que o desconto nunha actividade poida ser efectuado, terá que presentarse fisicamente o Tarxetom no momento de realizar a solicitude de inscrición.

Prezo
12 €

Vixencia
Dous anos.

Documentación:
Info Tarxetom
– Solicitude Tarxetom
FIPAX

Activación do Carné Xove

As Casas da Xuventude (Casa Arrigada en Cambre e Casas das Palmeiras no Temple) contan con servizo de activación do Carné Xove. 

Quen o pode solicitar?
Persoas de 12 a 30 anos.

Onde se solicita?
Nas Casas da Xuventude. 

Documentación a achegar  

  • Carné Xove recibido no domicilio        
  • DNI
  • No caso de persoas menores de 14 anos, deberán vir acompañados/as polo seu pai/nai/titor legal.
FIPAX

Que é?
O FIPAX é o Ficheiro de Participantes en actividades xuvenís. Darse de alta neste ficheiro é imprescindible para poder participar nas actividades xuvenís ou solicitar o TarxetOM.

Quen pode darse de alta?
Calquera persoa participante en actividades xuvenís. 

Documentación a achegar
Ficha FIPAX, cuberta e asinada en todas as súas caras.
Foto de carné
Fotocopia do DNI
Fotocopia da Tarxeta Sanitaria

Prezo
Gratuíto

Prazo de presentación
Antes de participar na primeira actividade

Solicitude de información xuvenil

Que é?
É a petición de información ou asesoramento sobre temas de xuventude (actividades xuvenís, formación, emprego, voluntariado, mobilidade,… e en xeral calquera temática de interese xuvenil).

Quen a pode solicitar?
Mocidade de 12 a 30 anos.

Onde se solicita?

Alta no FIPAX

Que é o FIPAX?
É o Ficheiro de Participantes en Actividades Xuvenís. Darse de alta neste ficheiro é imprenscindible para poder participar en programas xuvenís xerais e tamén para poder tramitar o teu TarxetOM. 

Quen o pode solicitar?
A primeira vez que unha persoa participa nun programa xuvenil, terá que darse de alta no FIPAX. 

Documentación a achegar

 

Prazo de presentación
Antes de participar na primeira actividade.

 

Solicitar un local de ensaio municipal

Que son os locais de ensaio musical?
Os locais de ensaio musical están situados na Barcala e contan con dous locais para grupos e un local para solistas. 

Quen o pode solicitar?

  • Grupos musicais que conten, como mínimo, cun dos membros empadroado no Concello de Cambre
  • Solistas empadroados en Cambre 

Documentación a achegar

Onde se solicita?
Deberase presentar a documentación a través dos Rexistros Municipais ou Sede Electrónica.

Prezo
Gratuíto