Cromático Mural Fest

Dende  2017. 

O Cromático Mural Fest é un evento artístico de arte urbano centrado no muralismo. 

Este certame inclúe murais de artistas profesionais, pero tamén é un escaparate para o debut de novos/as creadores/as a través do concurso de talentos, unha oportunidade para mellorar ou perfeccionar as técnicas artísticas a través dos obradoiros ou masterclass e un punto de encontro entre graffiteros, muralistas, artistas e veciñanza a través dos murais colaborativos. 

Un dos obxectivos é pór en valor esta modalidade artistica pero tamén recuperar espazos degradados ou simplemente embelecer entornos urbanos levando a arte á rúa e converter o noso concello nun museo ao aire libre. 

O evento naceu dende o propio concello, recollendo as inquedanzas veciñais dun problema de limpeza relacionado cos graffitis e os taqueos e tentando converter un problema nunha solución artistica.