Ugly Kid Joe encabeza o cartel do XXXI Rock in Cambre

1 Ago 2023

O Concello desvelou o cartel da trinta e unha edición do Rock in Cambre, un dos festivais máis lonxevos do xénero e que crece, ano tras ano, en número de asistentes. A cita levarase a cabo o sábado, 5 de agosto, e contará co grupo californiano, Ugly Kid Joe, como cabeza de cartel. Co Eu quero ro! por bandeira, o Concello encara unha nova edición do evento apostando, de novo, por subir ao escenario a bandas internacionais, nacionais, galegas e tamén locais.

Ademais de Ugly Kid Joe, o Rock in Cambre contará coas actuacións de Sex Museum, Bala, Os Rastreros e ITH. A esta proposta súmase tamén a representación local. Nesta ocasión, Lost Minnow, Low Gain e Replicantes serán os encargados de reivindicar o talento local.

Os concertos arrincarán ao redor das 18.00 horas. En primeiro lugar, actuarán as bandas locais para, a continuación, dar paso ao resto de grupos. Está previsto que os concertos conclúan ao redor das 4.00 horas.

En canto á orde das actuacións, será o seguinte:

  • Low Gain: 18:10 horas
  • Replicantes 19:15 horas
  • Lost Minnow: 20.30 horas
  • ITH: 21.35 horas
  • Bala: 22.40 horas
  • Ugly Kid Joe: 00.10 horas
  • Sex Museum: 1.55 horas
  • Os Rastreros: 3.20 horas

Unha das dúas paradas de Ugly Kid Joe

Cambre será unha das dúas únicas paradas que Ugly Kid Joe realizará en toda España. Ademais de no Rock in Cambre, a banda actuará no festival Leyendas del Rock de Villena.

Ugly Kid Joe é todo un referente do xénero, interpretando numerosos temas pertencentes ao hard rock, funk metal, grunge, rock alternativo e heavy metal. No seu repertorio, destacan temas como Everything about youCats in the Cradle ou Neighbor.

Do panorama nacional, o Rock in Cambre terá a actuación de Sex Museum. A banda madrileña subirase ao escenario para interpretar algúns dos seus clásicos, como I enjoy the forbiden ou Two sisters. O festival contará tamén con representación da terra. Así, nesta edición actuarán Bala, Os Rastreros e ITH.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.