Ugly Kid Joe, Sex Museum, Bala, Os Rastreros e ITH, propostas do Concello para o XXXI Rock in Cambre

26 Mai 2023

Ugly Kid Joe, Sex Museum, Bala, Os Rastreros e ITH. Esa é a listaxe de grupos que o Concello propón para celebrar o XXXI festival Rock in Cambre. O Concello acaba de sacar a licitación a contratación artística da trixésimo primeira edición, que terá lugar o sábado, 5 de agosto.

Os concertos levaranse a cabo durante a madrugada do sábado, entre as 22.00 e as 04.00 horas, aproximadamente. Está previsto que se suban ao escenario tres grupos locais que actuarán de 19.00 a 21.45 horas. A continuación, será a quenda das cinco bandas restantes, procedentes do panorama rockeiro a nivel galego, nacional e internacional.

A trinta e unha edición alongará a lenda deste festival, un dos de maior traxectoria na comarca e todo un referente a nivel autonómico dentro do xénero.

A intención do Concello é que Ugly Kid Joe encabece o cartel da XXI edición. De conseguilo, Cambre sería unha das dúas únicas paradas que o grupo ofrecerá en España. A banda, natural de Estados Unidos, é todo un referente, interpretando numerosos temas pertencentes ao hard rock, funk metal, grunge, rock alternativo e heavy metal. No seu repertorio, destacan temas como Everything about you, Cats in the Cradle ou Neighbor.

Do panorama nacional, o Rock in Cambre ofrecerá a actuación de Sex Museum. A banda madrileña subirase ao escenario para interpretar algúns dos seus clásicos, como I enjoy the forbiden ou Two sisters. O festival contará tamén con representación da terra. Así, nesta edición actuarán Bala, Os Rastreros e ITH.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.