Un centenar de mozos poderá participar nos campamentos de verán da OMIX

2 Mai 2024

A Oficina Municipal de Información Xuvenil organiza, un ano máis, os seus campamentos de verán, unha proposta coa que se busca cumprir un dobre obxectivo: por unha banda, organizar alternativas de lecer para os mozos e mozas durante o período non lectivo e, polo outro, favorecer a conciliación das súas familias no verán. O Concello organizará dúas convocatorias en función da idade dos participantes ofrecendo un centenar de prazas (50 para cada unha).
O primeiro campamento levarase a cabo entre o 2 e o 7 de xullo e estará dirixido a nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2015. O segundo terá lugar do 13 ao 24 de xullo e nel poderán participar os mozos nados entre o 2007 e o 2011.
Ambas as iniciativas desenvolveranse nun cámping do Grove e, ao longo da experiencia, os mozos e mozas terán ocasión de participar en actividades deportivas, náuticas (vela, windsurf e kaiak), xogos, talleres, veladas nocturnas, rutas e tamén nunha acampada.
O prazo de inscrición estará aberto desde este xoves, 2 de maio, ata o día 13, e as persoas interesadas poderán inscribirse nos rexistros ou na sede electrónica do Concello.

 

PEQUENOS. Listado provisional de solicitudes recibidas.

MAIORES. Listado provisional de solicitudes recibidas.

PEQUENOS. Listado de prazas concedidas tras o sorteo.

MAIORES. Listado de prazas concedidas tras o sorteo.

 

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.