Unha actividade da OMIX para transmitir aos mozos ás lendas e tradicións arredor de San Xoán

21 Xuñ 2023

Transmitir as lendas e tradicións sobre San Xoán aos máis novos e garantir que estas pasen de xeración en xeración. Esa é a idea central da actividade que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cambre ten preparada para esta semana. A proposta terá lugar en Casa das Palmeiras ao longo da tarde do propio venres, 23 de xuño, coincidindo coa Noite Meiga.

Os mozos e mozas que participen na actividade aprenderán, por unha banda, que herbas adoitan compoñer o tradicional cacho: herba de San Xoán, fento, fiúncho, herba luisa, malva, romeu e codeso etc. Daránselles pautas para identificar a cada unha destas variedades, entregaráselles un ramo coas diversas herbas e explicaránselles cales son os pasos para elaborar a auga de San Xoán nas súas casas.

A identificación das herbas non será a única proposta da tarde. A OMIX ten preparada unha especie de xincana con varios xogos. O salto á fogueira será unha das propostas, explicándolles aos mozos e mozas cal é a tradición e como cumprila, ademais, dunha forma segura. Por último, os mozos poderán prepararse para formular os seus desexos e tamén para desfacerse das cousas negativas, tal e como marca a crenza popular.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.