Unha decena de mulleres sen emprego mellorarán as súas habilidades dixitais a través do programa Alicia

16 Out 2024

Unha decena de veciñas en situación de desemprego tomaron parte, esta mañá, na xornada inaugural do programa Alicia. Esta iniciativa púxose en marcha desde a Concellería de Servizos Sociais e a través do Consorcio As Mariñas e a Fundación Mujeres cun claro obxectivo: mellorar as competencias e habilidades dixitais destas mulleres para axudalas na procura de traballo.

A concelleira de Servizos Sociais e Recursos Humanos, Landa Díaz, apunta que este tipo de medidas son “esenciais para dar a coñecer as diversas ferramentas que estas mulleres teñen á súa disposición e que lles poden abrir novas portas no mercado laboral”.

Ao longo do proxecto abordaranse diversos contidos, brindándolles ás participantes estratexias e consellos para utilizar as novas tecnoloxías como unha vía de procura de procura de traballo. Para conseguilo, ensinaráselles, entre outras cousas, a habilitar perfís profesionais nas principais plataformas de emprego.

O itinerario estará dividido en varias xornadas, celebrándose hoxe, mércores 16 de outubro, a primeira delas. As seguintes terán lugar o 30 de outubro e os días 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25, 27 e 28 de novembro. As sesións estarán impartidas por expertas da Fundación Mujeres.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.