Unha empresa enfróntase a unha sanción de 3.000 euros por colocar cartelería publicitaria en mobiliario urbano

23 Xuñ 2023

A colocación de cartelería en mobiliario urbano pode carrexar unha sanción de ata 3.000 euros. Trátase dunha infracción tipificada como moi grave na ordenanza municipal de limpeza viaria e ornato público. A Policía Local interpuxo, nos últimos días, unha denuncia contra unha empresa por esta infracción. A compañía, que organizaba unha exhibición de animais prehistóricos na Coruña, colocou numerosos carteis en fachadas de edificios, postes de iluminación pública e en paradas de autobús de todo o municipio.

Os axentes municipais denunciaron estes feitos, que están recollidos como infracción na normativa municipal. En concreto, no artigo 27 da ordenanza faise referencia á realización de actos vandálicos, pintadas ou á pegada de elementos publicitarios en mobiliario urbano.

Este non é o único incumprimento detectado nos últimos días. De feito, os axentes municipais requiriron a retirada de carteis en varios puntos do municipio.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.