Uns 2.000 veciños participan na primeira votación da historia da Gala do Deporte de Cambre

22 Nov 2022

Cambre pechou a primeira votación da historia da Gala do Deporte asinando un éxito de participación: foron uns 2.000 os veciños e veciñas que emitiron os seus votos nalgunha das 17 categorías abertas á participación cidadá. Así o confirmou, esta mañá, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Daniel Mallo, indicando que se trata dunha novidade “con respecto a outras edicións da cita, e coa que queriamos darlle aos clubs, entidades deportivas e á cidadanía en xeral un papel máis participativo”. O edil considera que estas cifras “confirman a boa acollida que tivo esta medida”.

A IV Gala do Deporte levarase a cabo o venres, 25 de novembro, na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Dos 21 premios que se entregarán, as votacións populares servirán para outorgar estes recoñecementos:

  • Mellor deportista cambresa, categoría base (nadas entre os anos 2006-2014) deporte individual.
  • Mellor deportista cambresa, categoría base (nadas entre os anos 2006-2014) deporte colectivo.
  • Mellor deportista cambrés, categoría base (nacidos entre os anos 2006-2014) deporte individual.
  • Mellor deportista cambrés, categoría basee (nados entre os anos 2006-2014) deporte colectivo.
  • Mellor deportista cambresa, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte individual.
  • Mellor deportista cambresa, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte colectivo.
  • Mellor deportista cambrés, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte individual.
  • Mellor deportista cambrés, categoría absoluta (nadas en 2005 ou anteriores) deporte colectivo.
  • Mellor equipo cambrés feminino.
  • Mellor equipo cambrés masculino.
  • Deportista cambresa máis querida.
  • Deportista cambrés máis querido.
  • Mellor promesa cambresa.
  • Mellor promesa cambrés.
  • Mellor entidade deportiva.
  • Mellor adestrador/a.
  • Mellor deportista con diversidade funcional.

A maiores, o Concello entregará os seguintes galardóns: mellor deportista feminina, mellor deportista masculino, mellor campaña deportiva e tres premios para a distinción “Deporte a toda a vida Bernardo Bish”. Este último, en honra a Bernardo Bish, que foi técnico municipal durante numerosos anos e cuxo labor serviu para promover o deporte no municipio. Neste caso, será un xurado o que elixirá o gañador/a de cada categoría.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.