Vanessa Rial voa directa do CBS Cambre ao MDC Sharks Softball, de Miami, grazas a unha bolsa

21 Ago 2024

Con tan só 6 anos Vanessa Rial iniciou o seu camiño no sóftbol. Fíxoo con ímpeto e ilusión, dando o mellor dela mesma en cada un dos adestramentos do Club Leóns de Oroso, equipo que a viu crecer.

Aos seus 18 anos, a xogadora leva xa preto de 4 xogando no CBS Cambre, onde desde fai dous compite na Liga Nacional División de Honra. Isto abriulle as portas a grandes oportunidades, como disputar, no pasado mes de xullo, a 2ª edición da Catalunya International Softball Cup.

Pero esta non foi a única sorpresa da tempada estival, xa que hai apenas 15 días recibiu a gran noticia de que fora seleccionada para unha bolsa de Sóftbol en Estados Unidos que lle permitirá compaxinar os seus estudos universitarios en Ciencias do Deporte co adestramento e competición no MDC Sharks Softball.

O concelleiro de Deportes, David Saborido, participou onte na cálida despedida que lle brindou o club e no que participaron o presidente do Club Leóns de Oroso, Franklin Salas, a representante do corpo técnico do CBS Cambre, María Fernanda Jóver, o presidente do club, Jhonny Pérez, e as súas compañeiras, que lle fixeron entrega dunha placa e un agasallo conmemorativo.

O edil desexoulle “el mejor de los éxitos en esta nueva etapa, que espero que disfrutes mucho, ya que será una oportunidad única en tu brillante carrera”.

Nunha xornada na que as emocións estiveron a flor de pel, Saborido destacou que “las lágrimas de todas tus compañeras, y las tuyas propias, denotan el amor que sentís por este deporte. Soy consciente de que trabajáis mucho para cumplir vuestros objetivos, y aquí está la prueba. Habéis abierto una puerta que espero que no se cierre nunca”.

Compromiso, esforzo, dedicación e paixón por este deporte foron as palabras máis repetidas para a xogadora, que concluíu agradecendo a todos por “hacerme mejor cada día. Sin vosotras nada habría sido como es, no tengo ninguna duda” e asegurou que “os voy a echar mucho de menos y os tendré siempre presentes”.

Tamén che pode interesar