Vente de marcha

Dende  1999.

O programa Vente de Marcha está adicado ao senderismo e a coñecer fermosos lugares da nosa xeografía. Pero ten varios obxectivos moi importantes que sobrepasan o simple feito de andar e coñecer lugares:

– fomentar a vida saudable, practicando un deporte asequible e moderado e, ademais, non competitivo.

– propiciar o sentimento de veciñanza, favorecendo a vida social, pois é un punto de encontro entre os habitantes de Cambre

– incidir no respecto á natureza, profundizando os coñecementos dos entornos visitados

O programa Vente de marcha foi o primeiro programa de lecer do departamento. A primeira ruta (a ruta 0, en probas) celebrouse no mes de decembro de 1999, cun percorrido pola Costa da Morte (Cabo Vilán, Camariñas) e coa participación de membros de 2 asociacións xuvenís: Cumio da Rocha de Anceis e A Rama de Cambre. A ruta número 1 foi no ano 2000, e celebrouse no mes de febreiro e tivo como destino o mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa.

As rutas celébranse nos meses de febreiro a xuño e de setembro a novembro. Hai rutas en sábado, rutas en domingo e rutas de fin de semana.

Ata o de agora (2021) levamos celebradas 20 edicións e un total de 149 rutas.

HISTÓRICO DE RUTAS

Podes consultar as actividades previstas do Vente de marcha aquí

 

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.