Vila Concepción acolleu, onte, a inauguración da primeira exposición dentro do programa ‘Historias detrás dun cadro’. A iniciativa, que estará en marcha ata o mes de marzo de 2024, reunirá o traballo de máis dunha trintena de pintores e pintoras profesionais e amateurs. A idea, como explicou o concelleiro de Cultura, David Saborido, “é crear un espazo de convivencia no que todos estes artistas poidan compartir espazo e mesmo crear sinerxías”.

Esta primeira mostra, dispoñible ata o 14 de decembro, está conformada polas obras de Merche Ramos e tamén de Beatriz Alonso de Vega, Antonia Amenedo, Nélida Barros, Cristina Bellón, Josefina Mosquera e Mª Encina Sánchez. Delas, seis foron alumnas das clases de pintura de Vila Concepción das actividades socioculturais do concello. Esta colección dará paso á seguinte, contando, para iso, con outros artistas e, así, sucesivamente ata marzo.

O acto de onte incluíu, non só a propia inauguración, senón tamén unha charla para coñecer ás autoras das creacións. Durante a súa intervención, David Saborido, sinalou que o proxecto busca cumprir varios obxectivos: “queremos sumar novas propostas culturais para a veciñanza e que Vila Concepción poida servirlles a estes artistas de escaparate para presentar as súas creacións”. Con todo, máis alá do valor expositivo, Saborido incidiu en que con esta proposta se pretende tamén “que a cidadanía poida coñecer aos autores e autoras que se atopan detrás de cada cadro, algo que se conseguirá por medio de charlas”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.