Vila Concepción acolle ‘Berces de vida’, unha mostra que reúne fotografías dos bosques de España

10 Abr 2023

A Casa da Cultura Vila Concepción acolle unha nova exposición posta en marcha en colaboración con Afundación. Baixo o título ‘Berces de vida. De paseo polos bosques de España’, a mostra reúne fotografías de numerosos bosques de España, algúns deles de Galicia.

A mostra está comisariada polo gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente, Joaquín Araújo. O obxectivo da mesma é promover entre as persoas visitantes unha mentalidade sostible e comprometida coa natureza.

A iniciativa está englobada dentro do programa Cultura por Alimentos de Afundación. Por tanto, as persoas que o desexen poderán facer as súas doazóns de alimentos non perecedoiros. Estes irán dirixidos á despensa municipal de Cambre.

A exposición poderá visitarse ata o 13 de maio na Casa da Cultura. O horario será de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.