Vila Concepción acollerá a proxección do documental Cardoña fotos a 7 pesetas

2 Out 2023

A Casa da Cultura Vila Concepción acollerá este xoves, 5 de outubro, ás 20.30 horas a proxección do documental Cardoña fotos a 7 pesetas. A peza está dirixida polo xestor cultural, Carlos Lorenzo, e céntrase nun dos fotógrafos máis populares entre os anos 40 e 80: José Gestal, máis coñecido como Cardoña. Ao longo do documental abórdanse temas como os seguintes: chegada da fotografía a Galicia e fotógrafos populares, inicios de José Gestal, o papel da súa muller, dona María, no laboratorio fotográfico, fotografía de defuntos, campañas para facer o DNI polas aldeas, arquivos fotográficos e recoñecemento público de Gestal. Para lograr esta aproximación á fotografía, no documental interveñen a filla de Cardoña, Matilde Gestal, os fotógrafos, Xurxo Lobato e Xoán Piñón, o fotohistoriador, Carlos Castelao, e o investigador e fotógrafo, Manuel Sendón. Ademais da propia proxección, a actividade incluirá tamén un coloquio co director, Carlos Lorenzo, que responderá as preguntas do público asistente. A iniciativa forma parte da programación 4×3 de outono da Deputación da Coruña. O acceso a esta proxección é libre e gratuíto.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.