Vila Concepción, o berce da arte no que máis de 30 pintores exporán o seu traballo durante os vindeiros meses

22 Nov 2023

Vila Concepción converterase, nos próximos meses, nun auténtico berce da arte ou, o que é o mesmo, nun centro de exposicións no que se dará a coñecer o traballo de máis de 30 pintores e pintoras. Baixo o nome Historias detrás dun cadro, a iniciativa ofrecerá varias mostras de diversos artistas desde novembro ata marzo de 2024. A primeira chegará á Casa da Cultura o martes, 28 de novembro, e estará dispoñible ata o 14 de decembro. Esta estará conformada polas obras de Merche Ramos e tamén de Beatriz Alonso de Vega, Antonia Amenedo, Nélida Barros, Cristina Bellón, Josefina Mosquera e Mª Encina Sánchez.

O concelleiro de Cultura, David Saborido, sinala que este proxecto busca cumprir varios obxectivos: “queremos sumar novas propostas culturais para a veciñanza e que Vila Concepción poida servirlles a estes artistas de escaparate para presentar as súas creacións”. Con todo, máis aló do valor expositivo, Saborido incide en que con esta proposta preténdese tamén “que a cidadanía poida coñecer aos autores e autoras que se atopan detrás de cada cadro, algo que se conseguirá por medio de charlas”. O concelleiro explica que un dos valores engadidos deste programa é que “revelará o traballo artístico de veciños e veciñas, permitíndonos coñecer o que temos na nosa contorna máis próxima”. O edil apunta, así mesmo, que o 90 % dos traballos que se exhibirán “levan a firma de mulleres e, en moitos casos, de veciñas de Cambre”.

Espazo de convivencia

A dinámica de cada mostra será idéntica. Na xornada inaugural, o público asistente poderá gozar, non só dos cadros, senón que tamén terá a posibilidade de coñecer aos artistas para saber que hai detrás de cada creación. En cada exposición haberá pezas feitas por profesionais e outras realizadas por amateurs, favorecendo, desta forma, “que compartan espazo e que poidan crear sinerxías entre eles”, explica o responsable de Cultura.

A primeira terá lugar o 28 de novembro. A inauguración será ás 19.30 horas e a charla coas pintoras ás 20.00 horas. Poucos días despois de concluír a primeira mostra, o Concello dará paso á seguinte contando, para iso, con outros artistas e, así, sucesivamente ata marzo.

Ao longo do ciclo, a Casa da Cultura recibirá o traballo de profesionais e auténticos referentes dentro do sector como, por exemplo, o de Suso Cubeiro. Con todo, haberá espazo tamén para mostrar as creacións de artistas amateurs.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.