Vila Concepción reúne as obras de pintores profesionais e amateurs na segunda mostra de Historias detrás dun cadro

21 Dec 2023

As obras de pintores profesionais e amateurs van da man en Vila Concepción. O Concello celebrou onte a súa segunda exposición do programa Historias detrás dun cadro, co que se ofrecerá mostras de pintura ata marzo de 2024. A inaugurada onte reúne o traballo dos seguientes autores: Carolina Moreno, María Pilar Meizoso, Verónica Grela, Purificación Sánchez, Juan Antonio Vázquez e Mercedes Berdullas.

As persoas que se achegaron á Casa da Cultura puideron gozar, non só dos propios cadros, senón tamén dunha charla cos pintores e pintoras na que se lles formularon preguntas. Trátase dunha dinámica coa que o concelleiro de Cultura, David Saborido, busca que os veciños e veciñas poidan coñecer “non só a obra, senón tamén a quen se atopa detrás dela”.

Esta segunda exposición poderá visitarse ata ol 4 de xaneiro. Cando conclúa, dará paso á seguinte e, así, sucesivamente ata marzo de 2024.

A dinámica de cada mostra será idéntica. Na xornada inaugural, o público asistente poderá ver as pinturas e tamén terá a posibilidade de coñecer aos artistas para saber que hai detrás de cada creación. En cada exposición haberá pezas feitas por profesionais e outras realizadas por artistas amateurs como, por exemplo, as do alumnado das clases de pintura das actividades socioculturales do Concello e as da Asociación de Santa María do Temple.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.