Vila Concepción reunirá a obra doutros seis artistas coa terceira exposición de Historias detrás dun cadro

6 Xan 2024

En Cambre, o aninovo vén da man da terceira exposición de pintura do programa Historias detrás dun cadro. A mostra arrincará o vindeiro xoves, 11 de xaneiro, en Vila Concepción e servirá para dar a coñecer o traballo destes seis artistas: Juan Massana, Ayla Couto Miranda, Luis Laranga, Luis Sousa Negreira, Begoña Gago Edreira e Beatriz Blanco Martín.

O propio xoves terá lugar o acto de inauguración da exposición, que incluirá, como en anteriores entregas, unha charla cos autores e autoras. Así, a apertura da mostra será ás 19.30 horas, mentres que o coloquio chegará ás 20.00 horas. Trátase dunha dinámica coa que o concelleiro de Cultura, David Saborido, busca que os veciños e veciñas poidan coñecer “non só a obra, senón tamén a quen se atopa detrás dela”.

Esta terceira exposición poderá visitarse ata o 26 de xaneiro. Cando conclúa, dará paso á seguinte e, así, sucesivamente ata marzo de 2024.

A dinámica de cada mostra será idéntica. Na xornada inaugural, o público asistente poderá ver as pinturas e tamén terá a posibilidade de coñecer aos artistas para saber que hai detrás de cada creación. En cada exposición haberá pezas feitas por profesionais e outras realizadas por artistas amateurs como, por exemplo, as do alumnado das clases de pintura das actividades socioculturais do Concello e as da Asociación de Santa María do Temple.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.