Volve o programa “Por fin é venres” da OMIX de Cambre, con catro actividades sobre o anime en novembro

28 Out 2024

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Cambre organiza, dentro do seu programa “Por fin é venres”, catro talleres relacionados co anime ao longo do mes de novembro.

Todas as actividades son gratuítas e levaranse a cabo os venres na Casa dás Palmeiras, de 17:00 a 20:00 horas. As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través da páxina web http://omix.cambre.es/.

A primeira iniciativa terá lugar o venres 8 de novembro, cunha serie de torneos de xogos para móbiles en liña, xogos de mesa, karaoke e Just Dance.

As propostas continuarán o venres 15 de novembro, coa proxección da película “O castelo ambulante” de Studio Ghibli. Ademais, ese día poñeranse a proba os coñecementos de anime das persoas asistentes cun xogo de preguntas.

Por outra banda, o venres 22 de novembro despregarase toda a creatividade dos máis novos, cun taller de debuxo de personaxes de anime e Pokémon, dobraxe e creación de voces.

Por último, o venres 29 de novembro terá como temática central o K-pop, con música, xogos, baile e diversión da man do grupo Kimchimochi.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán chamar ao 981 650 269 ou escribir un correo a pixtemple@cambre.org.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.