Volven os campamentos de verán da OMIX con propostas de lecer para mozos de entre 7 e 17 anos

20 Abr 2023

Volven os campamentos de verán da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). A oferta incluirá propostas para mozos e mozas de entre 7 e 17 anos. Con respecto a outras edicións, tivéronse en conta os prazos dos campamentos que organizan desde a Xunta de Galicia. Desta forma, o período de solicitude para os de Cambre abrirase unha vez pechado o prazo concedido polo organismo autonómico. Con esta novidade, búscase garantir que as familias teñan máis alternativas de conciliación ao seu alcance.

A primeira actividade terá lugar os días 29 e 30 de xuño. Nesas xornadas, levarase a cabo unha acampada en Guitiriz (na zona de Sete Muíños) dirixida a nenos e nenas nacidos en 2015 e 2016.

Entre o 1 e o 6 de xullo celebrarase a actividade Pequenos/as, para nenos e nenas nados/as entre o 2011 e o 2014. Neste caso, o destino será Portonovo, onde está prevista a realización de saídas e excursións ademais de actividades acuáticas. Portonovo será tamén o lugar no que terán lugar os campamentos de Maiores (para mozos nados/as entre o 2006 e o 2010). Esta última proposta terá lugar entre o 11 e 22 de xullo.

O prazo de solicitude estará habilitado entre o 5 e o 15 de maio a través dos rexistros de entrada e da sede electrónica. Proximamente publicarase toda a información sobre a convocatoria.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.