A alcaldesa María Pan participa no acto do 25 aniversario da asociación de empresarios do polígono Espírito Santo

5 Dec 2024

A alcaldesa de Cambre, María Pan, participou esta mañá no acto do 25 aniversario da asociación de empresarios do polígono Espírito Santo, que conta con máis de 200 empresas e máis de 4.000 traballadores e traballadoras, e que é “un referente industrial na área metropolitana da Coruña”, tal e como sinalou a rexedora.

A primeira edil estivo acompañada no evento polo presidente da comunidade de propietarios, quen foi o administrador xeral, Isaac Rodríguez, e quen lle substitúe no posto na actualidade. Tamén asistiu o escultor Miguel Couto, quen fixo a obra que preside a rotonda do polígono, e os ex alcaldes Antonio Varela e Óscar García Patiño.

Durante o acto, María Pan incidiu na importancia da tramitación do PXOM para “pensar nas posibilidades de crecemento” do recinto industrial. “Cremos que é importante seguir apostando por este polígono, que ten unha ubicación extraordinaria e que conforma, xunto co de Sada e o de Bergondo, o pulmón industrial da comarca. Por iso, no Plan Xeral que se está a tramitar, o goberno de Cambre aposta por dúas novas fases de solo industrial nesta ubicación”, sinalou a primeira edil.

Ademais, a rexedora recalcou a aposta do Concello “por ofrecer chan industrial” e pola conectividade a través da vía Ártabra, “chave para mellorar as comunicacións cara ao porto exterior e cos polígonos de Arteixo e A Coruña”. “Sabemos que isto é fundamental para que, unha vez xerado o chan necesario, as empresas sigan elixindo o polígono do Espírito Santo para asentarse, garantindo así un crecemento económico e de oferta de emprego que redundará no beneficio de todo o municipio”, lembrou María Pan.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.